XOVES 3 DE DECEMBRO DÍA DA DISCAPACIDADE

 Como  ben  saberedes  o  pasado  día  3  de  decembro  conmemorouse  o  " DÍA INTERNACIONAL  DAS  PERSOAS  CON  DISCAPACIDADE"  como un xeito  de "visibilizar"  a  todos  aqueles  e  aquelas  que  por  diversas  causas  se  atopan  con  dificultades  físicas  ou  psíquicas na súa  vida  cotiá, e  de  facernos  reflexionar  nos  seus  atrancos  diarios,  que  tamén son  ou  poideran  ser  os  nosos  ou  das  nosas  familias, para ser quen  de  eliminalos  ou facelos  "máis  levadeiros".

 Dende  o  Colexio  Público  "Humberto  Juanes", que  este  curso  e  o  vindeiro  adica  unha  especial  atención  ao  tema  da  "DIVERSIDADE"  atendendo a  diversos  ámbitos e,  especialmente,  nos centrodos na  "DISCAPACIDADE" de  calquera  tipo,  decidimos  dar  este  ano  maior  importancia  a  esta  data  de  varios  xeitos:

- DECORANDO  O  COLEXIO  E  TRABALLANDO A  TEMÁTICA  CO  ALUMNADO  NAS  AULAS

- ELABORANDO,  POR  NIVEIS,  LEMAS  ALUSIVOS  Á  "DIVERSIDADE"

- PARTICIPANDO  XUNTO  CON  OUTROS  "COLES"  DA  ZONA  NUN  "PLENO  INFANTIL"  CELEBRADO  NO  CONCELLO  CO  TEMA  DE  FONDO  DA  "DISCAPACIDADE"

     

__________________________________________________________________________________

- FACENDO  UN  " FLASH MOB "  CON TODO  O  ALUMNADO  E  PROFESORADO  DO  COLEXIO -

 

 ( E COA COLABOURA DO CENTRO  DE  EDUCACIÓN ESPECIAL "JUAN  MARÍA"  DE  NIGRÁN)

- TRAENDO  PARA  A  OCASIÓN  A   XOGADORES  DE  BALONCESTO DO  AMFIV ...

O  AMFIV  NO  NOSO  "COLE"

 

 

... UN  AUTÉNTICO  LUXO PARA  NÓS  E  POLO  QUE  LLE  ESTAMOS  MOI  AGRADECIDOS  AOS  XOGADORES  DO CLUBE AMFIV  POLA  SÚA  PARTICIPACIÓN  DESINTERESADA  E  A  SIMPATÍA  QUE  TIVERON  COS  NENOS  E  NENAS,  E  Á  "PROFE"  CRISTINA  POR  ORGANIZAR  ESTA  ACTIVIDADE  NO  CENTRO).

VER  FOTOS  E  VIDEOS

 

 A  ACTIVIDADE TIÑA  COMO  FIN  PARTICIPAR   CON  ELES  NUN  "PARTIDIÑO"  DE  BALONCESTO  EN  CADEIRA  DE RODAS  E  LANZAMENTOS  A  CANASTA  E  VER  O  DEPORTE  TAMÉN  DENDE  OUTRA  PERSPECTIVA.   FOI  TODA  UNHA  EXPERIENCIA  PARA  OS  NENOS  E  NENAS  DE  CUARTO

  (NA  ACTIVIDADE  SOMENTES  PARTICIPOU  ALUMNADO  DE  CUARTO POR  CUESTIÓNS  ORGANIZATIVAS  E  DE  ESPAZO)

(  EN  VINDEIRAS  DATAS  ENTARÁN  Á  VOSA  DISPOSICIÓN  MÁIS  FOTOS  E  VIDEOS  DESTAS  ACTIVIDADES )

1º "ENCONTRO XERACIONAL". Saída á residencia "Stella Maris"

O  ALUMNADO  DE  5º  DE  PRIMARIA, baixo o lema "VIVIR  NA  DIVERSIDADE, GARANTIR  A  IGUALDADE"  traballa de preto a etapa da vida mais afastada para eles, a ancianidade.

Este xoves, 19 de novembro de 2015, visitaron a residencia da 3ª idade situada fronte a praia da Madorra en Panxón no que se considera o I ENCONTRO XERACIONAL CEIP HUMBERTO JUANES E RESIDENCIA "STELA MARIS". Entre as actividades realizadas, escenificaron un conto da editorial Kalandraka chamado "Avós", visitaron as instalacións e entrevistaron a algúns dos avós alí presentes. Tiveron un momento para valorar a era dixital fronte a era artesanal.  Os  sete elexidos entre os avós foron: Encarnación, Cristóbal Moreno, Soledad, Carmen, Julia, Ángela e Catalina foron os protagonistas. As súas profesións, moi diversas, atoparon unha modista, banqueiro, enfermeira (xubilada do hospital Xeral de Vigo), administrativa da empresa Pegaso, unha cacereña que vendía cereixas no seu burro e dúas traballadoras  do campo.
Contaron como collían o tranvía para ir á escola, os problemas coa guerra civil, as dificultades para comunicarse e situacións da vida diaria....
Ademais puideron compartir uns agasallos, por parte dos nenos unhas flores feitas con moito cariño e os avós os mellores consellos:
"Estudiade moito para ser bos na vida"
"Ser traballadores e humildes"
"Ter moito cariño cos avós que é unha sorte poder telos"
Os rapaces desfrutaron moito da experiencias, algunhas das súas declaracións: 
Andrea: " Ver a os avós emocionados gustoume moito"
Gisela: "Bailar con eles foi unha boa idea, encantoume!"
María: " Eran moi agradecidos"
Javi: " Cando estábamos facendo a obriña de teatro animábanme moito"
                   
UNHA  EXPERIENCIA  MOI  GRATIFICANTE !!
         VER  AS  FOTOS
 
 
 
 
CANTO MAXIN…HAI  NO SAMAÍN
 

Ademais de facernos tremer de medo coas cabazas, as maquetas de lugares terroríficos, as bonecas de millo e outras horrendas manualidades, os nosos alumnos e alumnas escribiron e debuxaron “COUSAS de MEDO”.

 Despois de telas valorado, requetevalorado e volta a valorar, o xurado do Samaín acordou dar algúns premios ás que estimaron un chisco mellores.

Os premios foron pequenos agasallos literarios e artísticos que as/os gañadores poideron compartir coas súas aulas.

Os que máis nos gustaron foron :

 

CURSO

 

Bo traballo

O mellor traballo

ED. INFANTIL

Todas as aulas fixeron debuxos arrepiantes

 

Un bo debuxo

Carla Fernández

 

O mellor debuxo

Lucía Riveiro

Unha boa rima

Patricia Justo

 

A mellor rima

Carmen Seijas

Unha boa rima

Borja Soto

 

Unha boa rima

Aroa Lago

A mellor rima

María, Xoán,

Antía e Carlos

 

Unha boa historia

Mauro Reboreda

A familia dos morcegos”

 

A mellor historia

Sara García

"O fogar zampón"

Unha boa historia

Sheyla Misa

"A casa do bosque"

 

A mellor historia

Noa Fontela

O porto de Panxón”

Unha boa historia

Pedro Pascual

"A coruxa"

A mellor historia

Antía Valverde

"O enterrador"

 

A mellor receita

Uxía Iglesias

"Mexunxe de rata con píntega confitada"

 

                       VER  FOTOGRAFÍAS  DA  ENTREGA  DE  AGASALLOS  NO  PATIO

 

Fútbol feminino

 Comezou o pasado  LUNS 16, no patio do Cole e no tempo de lecer, o  "3º  CAMPIONATO  DE  FÚTBOL  FEMININO"  

que ocupará a  PISTA  CENTRAL  ata o mes de xaneiro.

Hai que resaltar a grande participación, como sucedera nos pasados anos cos cursos de quinto e sexto,

das alumnas de terceiro e cuarto curso que nesta ocasión acada as 43 nenas.

 OS  EQUIPOS  SON  OS  SEGUINTES:

"VILAMEAN", "AS  ESTRELAS", "INVENCIBLES”, "LINCES”, "AS  MOLONAS", 

AS FUTBOLISTAS DE AZUL" e  "KORREKEVOU"

 

Sorte e... deportividade!! 

Samaín e Magosto 2015

 ______________________________________________________________________________________

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

 O pasado mércores 21 de outubro tivemos a sorte e o privilexio de ter no noso Centro e entrevistar na Radio Escolar a Susana Rodríguez Gacio, deportista escollida "Galega do ano" en febreiro. 

 Susana Rodríguez, deportista  viguesa de 25 años, cunha cegueira do 95%, rematou Fisioterapia e  Mediciña. É doble campiona mundial de duatlón e ouro en triatlón e, na actualidade, aspira a competir nos xogos Paralímpicos de Río 2016.

Ademáis de ser unha estupenda deportista deixou en nós a pegada dunha excelente persoa.

Grazas Susana!!.

VER VIDEOS DA VISITA 

______________________________________________

CELEBRACIÓN  DA  APERTURA  DA  BIBLIOTECA  ESCOLAR  PARA  O  CURSO  2015 / 16

______________________________________________

 

FOTOGRAFÍAS

 

A CANCIÓN  ESCOLLIDA  COMO REPRESENTATIVA  DA  BIBLIOTECA  ESCOLAR  PARA  ESTE  CURSO  TEN  MOITO  QUE  VER  COA  DIVERSIDADE, EIXO  CENTRAL DA  DINÁMICA  DO  "COLE" 

 VER A VERSIÓN  ORIXINAL   CANTADA  POR  NENOS  E  REPRESENTADA  EN  LINGUA  DE  SIGNOS

Saída didáctica a Monteferro

 O pasado xoves, 24 de setembro, o alumnado de quinto e sexto curso de Primaria do "Humberto Juanes" tivo a oportunidade de realizar unha actividade que combinou o exercicio físico (máis de seis quilómetros e a meirande parte do percorrido en pendente), coa orientación espacial (pois organizados por equipos, tiñan que atopar tesouros manexando o GPS, coa xeografía, coa historia  (visitando o Arco visigótico de Panxón e os petróglifos de Monteferro, e aprendendo tamén algunha cousa de literatura cos comentarios arredor do libro "A praia dos afogados".

PARA VER AS FOTOS FACEDE "CLICK" NA IMAXE

En fin... toda unha experiencia para comezar ben o novo curso.

Libros 2015 / 16

 Por un erro no mantemento da páxina as listaxes de libros para o curso 2015/16

que xa entaban publicadas na WEB fóron borradas.

Avisados desta  incidencia grazas á chamada dalgún de vós xa foi subsanada dita falta.

Si queredes consultar cales son os libros facede "click" abaixo e ... perdoade as molestias.

 

LIBROS  PARA  O  CURSO  2015 / 16

Benvidos e benvidas ao curso 2015/16

Un ano máis, ou menos segundo se vexa, o Colexio Público "Humberto Juanes" de Nigrán inicia un novo curso cargado de proxectos que terá como eixo central a DIVERSIDADE.

Temos toda a a ilusión posta nesta nova andaina e esperamos poder vivir xuntos moitos momentos agradables no día a día educativo no noso Cole.

Un saúdo a todas e todos.

 

   HORARIOS  DE  SECRETARÍA ATA O DÍA 9 DE SETEMBRO

 

 DATA  DE  COMEZO  DO  CURSO  PARA  O  ALUMNADO  

10  DE  SETEMBRO

 


CURSO  2014 -  2015


 

Excursións Fin de Curso 2015

 

 

UNHA  NOITE  NA  BIBLIOTECA

SEMANA DA DIVERSIDADE

 


 


Nesta semana o CEIP Humberto Juanes conmemora a semana da diversidade. 



Coordinados polo Departamento de Orientación do centro realizamos numerosas actividades que nos permiten coñecer mellor esta realidade e polo tanto identificarnos con ela. 


 

Aquí tedes unha pequena mostra.


Clase de pintura con Lourdes e visita alumn@s e mestras do 

CEE Juan María.



  






































Concerto Igualarte






                                                        FLASH MOB NO  RECREO 29 DE MAIO

Distribuir contido