SUSPENDIDO E APRAZADO ATA QUE AS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS O PERMITAN O CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS NO CONCELLO DO ROSAL

O próximo sábado 24 de novembro en horario de mañá terá lugar o Campionato zonal de Campo a Través escolar.

Este ano será no concello de O Rosal, nun circuito preparado no lugar de "A Canosa" (San Miguel de Tabagón) a carón do río Miño.

Poderán participar tod@s @s nen@s que queiran a partir de segundo de primaria ata a ESO.

Esta proba forma parte do programa de XOGADE do presente curso, nesta modalidade deportiva, e nela poderán participar tanto alumnado dos colexios da zona como integrantes dos clubs de atletismo da mesma.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Se debe confirmar os inscritos o MARTES 20 de Novembro no colexio, xa que o prazo da organización remata  o mércores 21.

NORMATIVA

Participantes

Poderán participar todos os atletas en idades comprendidas dentro das categorías, que estean escolarizados nos centros educativos da nosa zona (concellos de Salceda, Tui, Tomiño e O Rosal) ou que teñan ficha nos clubs deportivos rexistrados tamén na nosa zona.

Permitirase excepcionalmente a participación doutros atletas que non cumpran estes requisitos, pero a súa clasificación non computaría para consecuencias posteriores (participación en campionato provincial).

E requisito imprescindible  en todo caso e para todos os participantes estar inscrito e  mutualizado en XOGADE, co seguro deportivo correspondente.

Tamén é requisito imprescindible facilitar á Agrupación Deportiva Baixo Miño  os datos necesarios  para participación de cada neno ou nena:  nome e apelidos, colexio ou club de representación, data de nacemento e nº de mutua deportiva de XOGADE. A xestión das autorizacións para facilitar esta información corresponde aos centros e clubs implicados.

         

As carreiras

Celebraranse 8 carreiras, participando en cada unha delas as distintas categorías e sexos:

NOTA: Os horarios e as distancias sonas definitivas. Cada atleta deberá estar como mínimo 30 minutos antes do inicio da súa carreira para por o dorsal diante da camiseta do colexio, estudar o percorrido e facer o quecemento.

Saída do Bus desde o CEIP DE GUILLAREI

9.00 Horas

CATEGORÍA

ANO DE NACEMENTO

DISTANCIA APROXIMADA

HORARIO APROXIMADO

Benxamín feminino

2010-2011

600 metros

10.30

Benxamín masculino

2010-2011

600 metros

10.40

Alevín feminino

2009-2008

800 metros

10.55

Alevín masculino

2009-2008

1.200 metros

11.10

Infantil feminino

2006-2007

1.200 metros

11.25

Infantil masculino

2006-2007

1.700 metros

11.40

Cadete feminino

2004-2005

1.700 metros

12.00

Cadete masculino

2004-2005

3.100 metros

12.30

Entrega de medallas e trofeos

13.15

Fin da xornada e regreso no bus

13.35

Chegada ao colexio

14.05

     

   

Clasificados

Haberá dúas clasificacións en cada categoría:  individual e por equipos.

Na clasificación individual  se ordenan por orde de chegada a meta, contabilizándose neste listado todos os atletas que completen a carreira. Non se contabilizan tempos.

Haberá medallas para os dez primeiros clasificados.

Para  clasificar por equipos, terase en conta o posto obtido polos catro primeiros de cada centro ou club,  sumando os puntos correspondentes a eses postos. O equipo con menos puntos é o gañador.  Na categoría cadete (masculino e feminino) contabilizaranse a estes efectos os tres primeiros atletas de cada equipo.

Haberá trofeos para os tres primeiros equipos de cada categoría.

        

Transporte

Dende o Servizo de Deportes establecerase un servizo de transporte en autocar dende os centros participantes (non para os clubs) e regreso ao finalizar a xornada.

Quen asista polos seus propios medios, terá que aterse ás instrucións das autoridades ou da organización da proba no lugar a efectos do estacionamento dos seus vehículos, dadas as características do lugar, zona sensible  de protección na REDE NATURA 2000.

         

Custo para os participantes

A actividade está incluída no programa de XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, e por tanto,é totalmente gratis para os participantes, tanto pola súa inscrición como pola súa cobertura de seguro deportivo, polo avituallamento  ou polo seu transporte.

         

Avituallamento

 A organización ten previsto facilitar aos participantes bocadillo e auga, así como unha ración de chocolate quente. Todas as persoas con intolerancias alimentarias deberán comunicar previamente nos seus centros educativos ou clubs tal circunstancia, para procurar dende a organización facilitar refrixerio alternativo. En todo caso non é obrigatorio este refrixerio para a organización.

Animádevos a participar.