FROITA NA ESCOLA (MERENDAS SAUDABLES)

Durante este curso a nosa escola promoveu as merendas saudables, este ano participamos no proxecto "Froita na escola", no que durante varias quendas nos 3 trimestres repartiuse froita variada de xeito gratuito entre todo o alumnado de educación infantil e primaria.