RECEPCIÓN NO CONCELLO DE TUI AO EQUIPO ALEVÍN FEMININO DE CAMPO A TRAVÉS

 FOTOGRAFÍA FAMILIAR NA ENTRADA DO CONCELLO DE TUI

O EQUIPO ALEVÍN FEMININO DO CEIP DE GUILLAREI

MOSTRA OS SEUS AGASALLOS 

O pasado martes 14 de marzo o equipo alevín feminino de campo a través tivo unha homenaxe no salón de plenos do Concello de Tui.

No citado acto o alcalde de Tui "ENRIQUE CABALEIRO", os concelleiros de cultura e deportes "LANO E MARÍA JOSE", o coordinador de deportes provincial "GUILLERMO REINALDO", o presidente da ANPA "ADOLFO",  a directora "LILIANA" e o mestre de Educación Física do CEIP de GUILLAREI "FERNANDO DOMÍNGUEZ", fixeron entrega de varios premios, medallas e do trofeo do Campionato Provincial;  e ademais dedicarónlles unhas verbas de felicitacións a estas atletas.

Sen dúbida este recibimento a estas nenas e as súas familias non o van a esquecer, xa que este acto foi emocionante. Destacar que o alcalde foi agasallado cunha camiseta deportiva do colexio, tal e como se pode ver nas fotografías.

Parabéns a estas 7 campionas e a seguir facendo deporte con alegría e esforzo.

ALEJANDRA CABALEIRO, LAURA RAMÍREZ, NURIA SILVA, TATIANA MUÑOZ, KHOLOUD ROUCHDI, SAULA ROCHA E MAYRA VILA.

Un orgullo para tod@s e exemplo de esforzo e auto superación.