CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS (SAN MIGUEL DE OIA-VIGO 12/FEBREIRO/2017)

CAMPIONATO PROVINCIAL ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

(SAN MIGUEL DE OIA-VIGO 12/FEBREIRO/2017)

A nosa escola vai participar no Campionato Provincial de Campo a Través que se celebrará o día 12 de febreiro de 2017 no circuíto situado en Loureiro-Camiño da Verdella, de San Miguel de Oia en Vigo.

Para esta proba están clasificados os seguintes 19 alumn@s das categorías:

-Benxamín: Ainara Rodríguez

-Alevín: Alejandra Cabaleiro, Tatiana Muñoz, Laura Ramírez. Nuria Silva, Kholoud Rouchdi e Saula Rocha.

- Infantil: Aarón Alfaya, Daniel Álvarez, Yamilé Pérez, Carla Diz, Bruno Gramkow, Lucas Jiménez, Mario Macedo, Romina Pérez, Lucía Ramírez, Paula Cabaleiro, Kawtar Rouchdi e Gabriel Vaqueiro.

Estimadas familias:

Todos os nen@s que participen nesta proba deben estar como mínimo 45 minutos antes do inicio da súa carreira, para colocar o dorsal e facer o quecemento. Ao rematar hai que estirar, abrigarse ou asearse. Non comer nada 2 horas antes da carreira, intentar almorzar cedo.

MATERIAL

Se recomenda levar unhas zapatillas deportivas que agarren ben (que a sola non este moi desgastada), calcetín alto, pantalón curto ou malla de correr, a camiseta do cole ou ANPA e o chandal do colexio no caso de telo. Levar unha mochila cunha muda completa e o material de aseo (xabón, chanclas e toalla), por si fai falta ducharse ou cambiarse.

ACREDITACIÓN

Os participantes, ou os seus delegados, deberán portar a identificación dos atletas (carné do programa “Xogade” con foto ou DNI ) durante a proba, xa que se lle pode pedir.

SERVIZOS NA XORNADA

Os participantes realizarán o seu percorrido practicamente na súa totalidade por herba, terra e moi probable que por barro, a causa da choiva destes días. Para facilitar as cousas, a organización facilitará dorsais personalizados. Nestes dorsais figurará o propio nome do participante. Hai vestiarios e aseos. Ao rematar a carreira daráselles unha merenda gratis (bocadillo, auga, unha froita, ...).

O CEIP de Guillarei estará representado por varios mestr@s (Mª Liliana González, J.Javier Sánchez e Fernando Domínguez). Participarán segundo a normativa de www.deporteescolargalego.com, así como as normas propias desta carreira. Na web www.agrudebam.es hai máis información.

DORSAIS

Serán facilitados pola organización ate 30 minutos antes do comezo da proba. Só se permitirá o uso dos dorsais facilitados. Sería conveniente que os dorsais se asegurasen con imperdibles.

PREMIOS E CLASIFICACIÓNS

Entregaranse medallas aos 3 primeiros clasificados individuais de cada categoría, e trofeos aos 3 primeiros equipos clasificados de cada unha. Para o campionato galego (alevín e infantil) clasificaranse os 2 mellores equipos de cada fase provincial, así como os 8 primeiros atletas clasificados individualmente que non estiveran incluídos nos equipos clasificados.

 

09:00 horas SAÍDA DO BUS DO CEIP DE GUILLAREI

HORARIO CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA

10:30 horas: Saída Infantil Feminino (nenas dos anos 2004/2005) 1.575 metros (1 volta grande)

10:45 horas: Saída Infantil Masculino (nenos dos anos 2004/2005) 2.100 metros (1 volta pequena e 1 volta grande)

11:00 horas: Saída Alevín Feminino (nenas dos anos 2007/2006) 1.075 metros (2 voltas pequenas circuíto A)

11:20 horas: Saída Benxamín Feminino (nenas dos anos 2009/2008) 700 metros (2 voltas pequenas circuíto B)

12:00 horas: Entrega de medallas e trofeos e SAÍDA DO BUS PARA TUI

13:15 horas: Chegada do BUS ao CEIP DE GUILLAREI (APROXIMADA)

 

 

Moita sorte a tod@s e a disfrutar desta experiencia deportiva e da convivencia cos vos@s compañeir@s e mestr@s.