Skip to Content

Weblog

Viaxe a Madrid!

 

Unha viaxe para repetir

 

¡Por fin chegou o día para a viaxe de fin de curso!

 

O día 26 de abril ás oito da mañá os alumn@s de sexto subimos a equipaxe ó autobus e saímos cara Madrid. Acompañábannos Fran, o titor de sexto b; Lourdes, a directora; Chus, a profesora de relixión e Chemi. Despois dunha longa pero entretida viaxe chegamos ao monasterio de San Lorenzo Del Escorial. Impresionoume o tamaño e algunhas das súas salas.

Despois dirixímonos ao hotel, instalámonos nas habitacións ceamos e fumos dormir. O segundo día visitamos Toledo, unha cidade preciosa e con moitos monumentos. Pola tarde entramos no Museo de Cera, onde vimos moitos persoaxes famosos: de contos, deportistas, de cine, cantantes... estaban tan ben feitos que parecían de verdade. No museo montamos nunha atracción que se chamaba “Tren Del Terror” no que había figuras de cera que asustaban algo. Pero aínda así resultaba divertido. O terceiro día, visitamos o aerporto de Barajas foi moi interesante xa que un guía nos iba explicando todo. O que máis me impresionou foi a súa arquitectura. A tarde fixemos unha visita ao Museo do Prado, onde contemplamos cadros moi famosos e moi bonitos, entre outros chamáronme a atención: “ Las Meninas”, de Velázquez; “Las Tres Gracias” de Rubens; “ la anunciación” de Fra Angélico; “ Descendimiento de la cruz” de Van Der Weiden...

máis tarde, subimos nun teleférico a 40 metros de altura, dende o que vimos, entre otras cousas, a Casa de Campo. O venres fixemos a visita máis interesante: A Warner Bros. Estivemos alí dende as once h. ata as 19 h. disfrutamos moitísimo nas atraccións as que subimos, a min gustáronme moito: a montaña rusa de Superman; a de Batman la fuga, o Río Bravo e o Hotel Embrujado.

O último día volvimos atrás no tempo, visitamos Segovia, unha cidade antiga na que poidemos ver un acuaeducto romano, o alcazar e moitos monumentos máis. Despóis de comer iniciamos a viaxe de volta a Ribadeo, e chegamos ás dez da noite. Toda a viaxe foi unha experiencia inolvidable, xa que houbo bon entendemento entre todos, e aprendemos moitas cousas ademáis divertímonos moito.

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

 

Amalia Rodríguez, alumna de 6ºb.

MOI BEN ACOMPAÑADOS!

     O mércores, día 11 de febreiro, a escritora Blanca Álvarez González visitou o cnetro educativo Gregorio Sanz de Ribadeo para falarlles aos alumnos/as de sexto curso de primaria do seu libro "Caracoles, pendientes y mariposas" co que gañou o premio Ala Delta.


     O acto comezou ás doce do mediodía e rematou a unha. Nel houbo unha pequena presentación por parte dunha compañeira da clase  e Blanca, como viu que todos os nenos e nenas levaban papel e lapis, dixo unha breves palabras e todos nós levantamos a man para comezar o turno de preguntas.


     Nesa pequena entrevista que fixeron os nenos e nenas Blanca asegurou que " poeta nácese e o escritor faise" e que é moi difícil escribir para os nenos porque " son nenos pero non son tontos".


     Poucos minutos antes da unha, Blanca, firmou dous autógrafos (un para cada clase) e neles fixo unha pequena dedicatoria e un debuxo dun sapo.


     Na miña opinión, Blanca é moi boa persoa, e resolveu as dúbidas de todos nós dunha forma moi especial.


 Inés Echevarría García ( 6º A )

VISITA ... AO NOSO PASADO!

Onte,  nós, os nenos e nenas de 6º curso do colexio "Gregorio Sanz" fomos visitar "Nosa señora das Virtudes da Ponte" en Arante, Ribadeo, para coñecer a nosa historia e como os nosos paisanos armados con simples ferramentas agrícolas derrotaron ao sofisticado exército de Francia, daquela o máis poderoso do mundo. A nosa guía, Begoña, soubo explicarnos como no santuario hai pinturas para expresar o que os curas querían dicir.


Na miña opinión foi unha visita moi interesante e síntome orgullosa de como nós armados co que tiñamos a man derrotamos aos ben armados franceses.


 


M ª Eugenia González de Sela Alonso ( 6º A)


 

Distribuir contido


by Dr. Radut