Skip to Content

Weblog

Viaxe a Fonteo!

O pasado luns, 20 de xuño, os alumnos/as de 4º curso fomos de excursión ata o nacemento do río Eo.


O río Eo, nace en Fonteo, Baleira, na provincia de Lugo e desemboca no Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo(Galicia) e Castropol (Asturias). Atravesa as poboacións de A Pontenova, Ribeira de Piquín en Lugo e Abres e Vegadeo en Asturias.


Ese día saímos do colexio sobre as 10 en autobús e cando chegamos a Fonteo xa todos estábamos cansos porque a viaxe durara aproximadamente hora e media.


VISITA A FONTEO


Antes de ver a fonte, sentámonos arredor dunhas mesas de pedra que había alí para completar uns cadernos de traballo que nos deran as nosas profesoras sobre o río Eo. Cando por fin fomos ver a fonte a auga parecía cristalina porque se vía o fondo do río.


VISITA AO NACEMENTO DO RÍO EO


Volvemos coller o autobús e fomos visitar a Pontenova, pasamos por tres pontes cruzando o río Eo. Despois fomos ata Trabada, onde xantamos nunha área recreativa.


VISITA AO RÍO EO


A continuación visitamos unha pequena praia no río e xa por último fomos a ver a depuradora da auga que bebemos en Ribadeo, que está en Santa Cruz.


DEPURADORA DE RIBADEO


Pasámolo moi ben e aprendemos moito!


Clara Meijide García (4º B)


 


Paso a secundaria!

Dentro do Plan de Orientación Académica e para unha óptima integración dos nosos alumnos/as en Secundaria, o departamento de orientación do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo en coordinación co departamento de orientación do IES Porta da Auga, ofreceu unha charla informativa a cargo da orientadora do IES, dirixida aos alumnos/as de 6º de Primaria.


CHARLA ORIENTACIÓN ESCOLAR


A continuación visitamos as instalacións e compartimos recreo cos antigos compañeiros/as no instituto.

Técnicas de estudo

Aquí tes a oportunidade de practicar e mellorar as túas técnicas de estudo.


Técnicas de estudo (Test e exercicios prácticos)

Xuntanza alumnos Axenda 21 Escolar!

Alumnado de sexto curso de Primaria, Ramón Molina (director técnico da Axenda 21), Iván R. Lombardero (Axenda 21 local de Ribadeo), alumnado e profesorado de 4º curso de Primaria e Pedro Moreda (coordinador  do Proxecto "Coñecer a costa de Ribadeo" ), participaron nunha xuntanza de alumnos Axenda 21 Escolar no centro, desenvolvendo distintas actividades:



  • Exposición do proxecto "Coñecer a Costa de Ribadeo" e o traballo "A flora do litoral".

XUNTANZA AXENDA 21



  • Exposición do conto didáctico "O cemiterio das burras" coordinado e dirixido por José Teijeiro.

  • Presentación audiovisual "Campamento de verán Axenda 21"

  • Entrega de información medioambiental.

  • Actuación do contacontos Anxo Moure.

ANXO MOURE

Galletas con manteiga artesáns!

Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos B, participaron nunha actividade que consistiu na elaboración de galletas de manteiga artesáns a base de fariña, ovos, manteiga, ... 

ELABORACIÓN DE GALLETAS

 coa colaboración de Gloria, a súa titora,  e de Belén.

GALLETAS ARTESÁNS

Que ben saíron e como nos divertimos!

GALLETAS ARTESÁNS

Almorzo san en Infantil!

Froita, froita, froita!

 Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 anos e os de Educación Infantil de 5 anos, almorzaron no cole...

ALLMORZO SAN E. INFANTIL

 

Lembra:

 O almorzo SAN

froita terá

e se tomas tamén leite...

a medrar!!!

 

ALMORZO SAN E.INFANTIL

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Certame de narración e debuxo

No certame de narración e debuxo "Letras Galegas 2011" convocado pola biblioteca "El viejo Pancho" resultaron premiados os traballos presentados polos alumnos/as:

Pablo Quirós González co texto " E mentira "

" Un día ó chegar do cole, collín a merenda e fun ó parque. De  repente, no ceo apareceu un resplandor, como uns extraterrestres. Semellaban cangarexos ¡ pero tiñan ás!.

Eran dez e pousárone todos no chan. Eu asusteime un pouco, pero os outros nenos non os viron.

Aínda que eu tiña moitísimo medo, ó final conseguín atreverme. Collín un por unha pata xireino no ar e lanceino contra o tobogán. Os demáis asustáronse tanto que marcharon voando e non volveron máis."

PABLO RECOLLENDO NO PREMOI

No certame de debuxo, resultaron premiadas:

Helena Asensio Bande, co debuxo "É mentira"

HELENA ASENSIO

Anuk Señor Sedlacek, co debuxo "E mentira"

ANUK SEÑOR

Carmela Carrero Isla, co debuxo "E mentira"

CARMELA CARRERO

Noraboa a tódolos/as premiados/as!

Certame de narración e debuxo

No certame de narración e debuxo infantil "Letras Galegas 2011" convocado pola Biblioteca "El viejo Pancho" de Ribadeo, resultaron premiados neste centro:

  • No certame de narración: Pablo Quirós González (6 anos).

PREMIADOS CONCURSO BIBLIOTECA

  • No certame de debuxo: Helena Asensio Bande (7 anos), Anuk Señor Sedlacek (8 anos) e Carmela Carrero Isla (11 anos).

Moitas grazas a todos e todas  pola vosa  participación e  noraboa aos premiados/as.

Distribuir contido


by Dr. Radut