Skip to Content

Funcións

Funcións consello escolar

 

O consello escolar do Centro terá as seguintes atribucións:

a) Establece-las directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, aprobalo, avalialo e, se é o caso, introducir modificacións, sen perxuízo das competencias que o claustro de profesores ten atribuídas en relación coa planificación e organización docente.

b) Elixi-lo director do centro.

c) Propoñe-la revogación do nomeamento do director, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous tercios.

d) Decidir sobre a admisión de alumnos, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.

e) Aprobar e modifica-lo Regulamento de réxime interior do centro.

f) Resolve-los conflictos e impoñe-las correccións con finalidade pedagóxica que corresponda a aquelas conductas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro ( competencia delegada no director pola pola LOCE ).

g) Aproba-lo proxecto de orzamento do centro e a execución del.

h) Aprobar e avalía -la programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que competen ó claustro.

i) Aproba-la programación das actividades extraescolares e complementarias e avalia-lo seu desenvolvemento.

l) Establece-las directrices para a participación do centro en actividades culturais, deportivas e recreativas.

m) Establece-los criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.

n) Promove-la renovación das instalacións e equipamento do centro, e vixia-la súa conservación.

ñ) Analizar e valora-lo funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice a Administración educativa.

o) Colaborar coa inspección educativa nos planos de avaliación de centro, nos termos que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza

Distribuir contido


by Dr. Radut