Skip to Content

PAT

Pan de Acción Titorial

Plan Acción Titorial

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
PERFIL DE  TITOR/A:
Quen sexa responsable dun grupo de alumnos  debe te-las seguintes características:
A. Ser capaz de escoitar e comprender á outra persoa.
B. Comunicarse co resto do Equipo Docente e con tódalas persoas que teñan unha relación directa co seu grupo de alumnos.
C. Ser  unha persoa participativa e activa.
D. Ser motivador/a.
E. Ser potenciador  das capacidades, habilidades e posibilidades dos alumnos tratando axeitadamente as diferencias individuais.
F. Manter o espíritu de formación e renovación pedagóxica.

FUNCIÓNS DE  TITOR/A:
• Contribuir á formación global do seu alumnado en colaboración coas familias e co resto de profesionais implicados.
• Previ-lo fracaso escolar, atendendo ás dificultades dos seus alumnos.
• Dinamizar a vida socioafectiva e a cohesión do grupo clase favorecendo o clima de participación e cooperación.
• Favorecer a integración dos alumnos no grupo.
• Establecer canles de comunicación e relación entre os diferentes grupos.
• Orientar  escolarmente o proceso evolutivo do aprendizaxe.
• Facer as correspondentes adecuacións curriculares.
• Coñecemento dos seus alumnos e as súas circunstancias.
• Facilita-la integración e fomenta-la participación dos alumnos no funcionamento da aula e nas actividades do centro.
• Encauza-los problemas e inquedanzas dos alumnos, facendo de ponte entre eles e o centro.
• Axudar ó alumnado a coñecerse e aceptarse.
• Só no caso de Primaria, facerlle reflexionar ó alumnado sobre os rasgos fundamentais da súa personalidade.
• Informar ós pais e Equipo de mestres/D. de Orientación, de todo aquelo que lles interese en relación co alumnado.
• Facilita-la cooperación entre a familia e a escola, e de toda a Comunidade Educativa.
• Atender e cuidar ós/ás seus/súas alumnos/as.

PRINCIPIOS DA TITORIA NO NOSO CENTRO
A organización e a acción titorial non é unha tarefa puntual, senón que tratase dun proceso continuo e tamén é un compoñente fundamental do proceso educativo.
♦ A acción titorial e a acción educativa teñen como obxectivo o desenvolvemento  persoal do individuo.
♦ A titoría terá que ser resposta á heteroxeneidade das individualidades das aulas. Esto esixe un cambio curricular e unha metodoloxía diferencial e individualizada para o alumnado.
♦ O profesor/a titor/a e os profesores que pasan por ese grupo-clase son os que teñen que afrontar a acción titorial.

A PROGRAMACIÓN TITORIAL
A programación educativa é un imperativo de toda acción docente, especialmente cando entran en xogo colectivos como profesores, alumnos de diferentes idades, padres...e é imprescindible para asegurar a coherencia e a continuidade das etapas, ciclos e cursos cuns protagonistas principais, os nosos alumnoas.

COLEXIO PÚBLICO "GREGORIO SANZ" - ceip.gregorio.sanz@edu.xunta.es
Tfno./Fax:  (982) 12 88 48 - Avda. de Luarca s/n - 27700 RIBADEO (Lugo)


Plan de Acción Titorial do C.E.I.P. “ Gregorio Sanz” ..............................................

 

Distribuir contido


by Dr. Radut