Skip to Content

Chegou o Entroido!

Conmemoramos o Entroido no colexio con distintas actividades:

As nenas e nenos de Infantil  de tres anos disfrazáronse de indios, os de catro de piratas e os de cinco de faraóns.

ENTROIDO INFANTIL

O alumnado de Primaria participou en talleres de maquillaxe, elaboración de carautas e disfraces.

ENTROIDO PRIMARIA

Pasámolo moi ben!

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Con esta celebración damos a benvida ao Entroido e descansamos uns días para voltar ao cole o vindeiro xoves, día 23 de febreiro.

Feliz Entroido!

Tempo de inverno!

Misteriosa regadeira

fino orballo no chán pousa

con feitiña curvadeira,

remollando na ribeira

frol por frol, chousa por chousa.

 

Semellando leve gasa

que sotil ó vento move

en frotantes ondas pasa

refrescando canto abrasa

o que ó sol ardente crobre.

R.C.

MURAL DO INVERNO

Día da Paz e Non violencia!

Os nenos e nenas de 2º de E. Primaria estivemos durante varios días a traballar sobre a Paz. Nas aulas,  con explicacións sobre o porqué se celebra o día 30 de xaneiro:



  • Breve biografía de Gandhi.


  • Abecedario da Paz: palabras ordenadas alfabéticamente que teñen relación co tema. Cada neno/a elixe unha para escribila dentro do debuxo dunha pomba e facer un mural con todas.

DÍA DA PAZ



  • Noutras sesións cada alumno/a inventa unha historia sobre a palabra elexida.

  • Copiar no caderno un poema relacionado con tema e facer un debuxo alusivo.

  • Nos corredores gardamos un minuto de silencio as dúas clases xuntas. Posteriormente collémonos das mans e démonos un abrazo simbólico, xirando un neno/a dun extremo sobre sí mesmo e o resto xirando en sentido contrario para quedar todos xuntos formando parte do gran abrazo da Paz.

DIA DA PAZ 1º CICLO


 


Outras actividades sobre o día da Paz

Certame de poesía infantil "Nadal 2011"

A Biblioteca Pública Municipal " El Viejo Pancho" de Ribadeo convocou o Certame de poesía infantil "Nadal 2011" (fase local). Podían participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O Nadal".


PREMIADOS NO CERTAME


Pablo Quirós González e Lucía López Pérez, alumnos do segundo curso de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz, resultaron premiados na categoría A, ata 8 anos. O premio consistiu en cadanseu diploma e libros.


PREMIADOS CEIP GREGORIO SANZ


Pablo Quirós presentara un traballo titulado " Os animais van ao portal de Belén" e Lucía López " Os meus peluches e o Nadal". Os traballos premiados participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Educación Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.


Parabéns para tódolos/as participantes e premiados!

Campaña agasalla xoguetes. Agasalla ilusión!

Este centro participa na Campaña de recollida de xoguetes organizada polo IES Dionisio Gamallo e o Concello de Ribadeo. No Nadal a maioría dos nenos e nenas reciben agasallos e agardan estas datas con moita ilusión.

Alumnas e alumnos do IES Gamallo Fierros escenificaron un conto do Nadal para o alumnado do colexio.

CAMPAÑA AGASALLA XOGUETES

O obxectivo desta campaña é concienciar aos máis pequenos de que os xoguetes que teñen  esquecidos ou xa non utilizan se poden reutilizar para agasallar a outros nenos e nenas.

CAMPAÑA AGASALLA XOGUETES

Os xoguetes que se entreguen serán para nenos e nenas de 0 a 16 anos, deben de estar en bo estado, evitando os xoguetes electrónicos para reducir o consumo de pilas.

 

Dálle a volta ao Nadal!! Este ano non só recibas ilusión ... agasállaa!!

Almorzo san!

Continuamos neste curso fomentando hábitos de consumo saudables. Os alumnos/as do 1º Ciclo de Primaria almorzaron no comedor do centro a base de alimentos sans: pan, cereais, lácteos e froitas.

 

ALMORZO SAN 1º CICLO

Debemos ter en conta que o almorzo ten que ser variado e rico en vitaminas, pero sempre en cantidades axeitadas.

Bo proveito para todos/as!

VER GALERÍA FOTOGRÁFICA

A Garda Civil está para axudar!

Nenos e nenas do terceiro ciclo de Primaria participaron nunha demostración realizada pola Garda Civil para presentar aos máis pequenos o seu traballo.

Dentro do programa había unha exposición de medios e materiais da Garda Civil, relacionados coa detección, prevención e persecución de delitos.

Realizaron tamén unha exhibición de cans adestrados en detección de drogas e explosivos. Simularon un rescate nunha zona elevada e os axentes de cada grupo da Garda Civil foron explicando aos nenos/as o funcionamento dos aparatos que utilizaban.

Os nenos e nenas tiveron ocasión de subir aos vehículos oficiais e observar o interior.

DEMOSTRACIÓN GARDA CIVIL

 

O que máis sorprendeu a todos foi a aterraxe do helicóptero do servizo aéreo.

 

Quedou perfectamente claro que  a Garda Civil está para axudar!

Visita a Sotavento!

As nenas e nenos de quinto A, acompañados da mestra titora e unha nai, realizaron unha visita ao parque eólico de Sotavento, que está dotado dun edificio divulgativo que ofrece información detallada  sobre a obtención de enerxías renovables.


PARQUE EÓLICO_SOTAVENTO


En distintas maquetas e paneles ofrécese información, xogos interactivos de enerxía e representacións en miniatura para comprender o funcionamento dos xeradores.


Na segunda planta hai un mirador no que se pode  observar o funcionamento das placas fotovoltaicas, cunha aplicación de abastecemento de enerxía para unha casa normal.


Pasámolo moi ben e aprendemos  algo máis sobre a obtención de enerxías renovables!

Distribuir contido


by Dr. Radut