Skip to Content

Día do libro

Coa celebración deste día no mundo enteiro, a UNESCO pretende fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.


Esta conmemoración  figura na programación xeral do centro e leváronse a cabo varias  actividades:



  • Concurso de debuxo para a elección de mascota da biblioteca escolar.

  • Concurso para elección do nome no que participou todo o alumnado.

  • Concurso literario para coñecer as historias de BRINQUI, nome seleccionado para a mascota.

  • Presentación e lectura aos nenos e nenas de E. Infantil das historias de Brinqui por parte do alumnado do segundo ciclo de Primaria.

DÍA DO LIBRO E.INFANTIL



  • Entrega de premios ao alumnado participante nos diferentes concursos e aos gañadores.

  • Charlas na biblioteca do centro con autores literarios locais.

DÍA DO LIBRO 6º CURSO



  • Actividades programadas polo Equipo de dinamización da biblioteca: Libro fórum, maleta viaxeira, ...

  • Actividades de teatro lido dirixidas por Chemi Lombardero, encargado da biblioteca.

ACTIVIDADE DE TEATRO

Outra xornada de almorzo san!

Nesta ocasión foron os nenos e nenas de cuarto curso os que disfrutaron dun almorzo san a base de cereais, lácteos e froitas.


ALMORZO SAN CUARTO E.P.


Esta actividade figura na programación xeral anual do centro e trata de fomentar hábitos de alimentación saudables no alumnado.


ALMORZO SAN CUARTO E.P.

Día do almorzo san!

Os nenos e nenas de terceiro, o día 14 de abril do 2011,  fixeron un almorzo san no comedor do colexio Gregorio Sanz.


Había todo tipo de cereais, pan, queixo, xamón cocido, froita, zume, leite e cacao...


 


ALMORZO SAN 3º CURSO


Puxémonos todos en fila coas bandexas  para que nos serviran os alimentos e logo sentámonos cos nosos compañeiros e compañeiras.


ALMORZO SAN 3º CURSO


Estaba todo riquísimo!


(Marta, Estela e Alicia) alumnas de 3º A


Tamén os nenos e nenas de Infantil de 4 anos participaron na elaboración e posterior degustación de torradas elaboradas polas mestras na aula. Unha experiencia de bo proveito!


ALMORZO SAN E.I.

Visita a Sotavento de 6º curso

Sotavento é un sitio precioso. Cando fomos alí fixemos un montón de cousas e aprendemos moito. Explicáronnos como aforrar enerxía, o funcionamento dos muíños eólicos, como é unha casa bioclimática, ...


VISITA A SOTAVENTO 6º CURSO


Tamén fixemos xogos e pasámolo moi ben. Os monitores eran moi simpáticos e agradables. Finalmente tivemos a ocasión de ir  mercar á tenda. Foi unha excursión moi boa.


(Alumna de 6º B)


VISITA A SOTAVENTO 6º CURSO

Visita a cerámicas Regal

O alumnado do 2º ciclo de E. Primaria participou nestes días nunha visita as instalacións de cerámicas Otero Regal en Viveiro. Neste complexo cultural disfrutaron:


VISITA CERÁMICAS REGAL



  1. Dunha exposición itinerante sobre "Os nosos escritores" feita con pedras e cerámica de Xosé Manuel Ribeira García.

  2. Visita ao museo do coiro.

  3. Visita á exposición da obra de O. Regal.

  4. Obradorio de cerámica no que cada alumno/a elaborou un colgante e unha cunca con cerámica.

  5. Rematou a xornada cun paseo pola zona da praia de Covas.

VISITA A CERÁMICAS REGAL


 


VER GALERÍA FOTOGRÁFICA DO ALUMNADO DE TERCEIRO


VER GALERÍA FOTOGRÁFICA DO ALUMNADO DE CUARTO.

Día da árbore!

O día 25 de marzo conmemoramos o "Día da árbore" coincidindo tamén co "Día forestal Mundial". Realizamos unha plantación de árbores autóctonas e plantas ornamentais no recinto escolar.


 


ALUMNADO DE INFANTIL NO DÍA DA ÁRBORE


Na plantación colaboraron o responsable de medio ambiente e xardineiros do Excmo. Concello de Ribadeo. Os nenos e nenas aprenderon a coidar e respectar as árbores, aproveitando as charlas informativas adaptadas ás idades dos alumnos/as e encamiñadas a fomentar o respecto, conservación e coidado do medio ambiente, partindo do seu contorno máis próximo como é o amplo recinto escolar.


ALUMNADO DO 1º CICLO NO DÍA DA ÁRBORE


Estas actividades, que figuran na programación xeral do centro, teñen por obxectivo sensibilizar aos alumnos na valoración e coidado do entorno en particular, e da natureza en xeral,  desde idades temperás.


ALUMNADO DE PRIMARIA NO DÍA DA ÁRBORE

Matrícula curso 2011-2012

O CentroO Centro

A formalización da matrícula de novos alumnos/as  para o curso 2011-2012 será do 20 ao 30 de xuño de 2011. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

 




Admisión alumnado

Información do centroInformación do centro

As solicitudes de admisión de alumnado para o curso 2011-2012 realizaranse dende o 1 ao 31 de marzo de 2011.

Entroido 2011 !

Co gallo da celebración do Entroido no centro, realizamos un desfile polos patios de recreo acompañados pola  música da charanga da Escola de Música de Ribadeo.


 


CHARANGA ESCOLA DE MÚSICA


Na pista cuberta e animados pola música propia do Entroido a cargo da  "Discoteca móvil Mourelle"  procedeuse a un desfile por cursos e a apertura das piñatas con agasallos para os nenos e nenas.


Para rematar actuaron os nenos e nenas de 6º curso co baile da escoba.


Participaron  con nós numerosos pais e nais axudando a disfrazar aos nenos e nenas e animando  a festa. Queremos agradecer a todos e todas a colaboración prestada para levar a cabo esta actividade.


DESFILE POLOS PATIOS


Celebramos un día especial co que lle damos a benvida ao Entroido.


VER REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO ENTROIDO


Reanudaremos as clases o vindeiro xoves, 10 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut