Skip to Content

ADMISIÓN DE SOLICITUDES PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Infórmase que todas as solicitudes de admisión presentadas para 4º de Educación Infantil, curso 2024-2025, están admitidas.

 
 
 
 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO ( 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas  da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril. 

Para máis información pinchar aquí.

SEMANA DA PRENSA

Para conmemorar a semana da prensa os pequenos de Infantil están desfrutando e experimentando coas posibilidades dos xornais nunha instalación artística feita a partires destes. Experimentar, aprender, desfrutar, probar, argallar...!!

Aprendizaxe baseada no xogo e a investigación.

 

   

  

 

 

 

 

8 de MARZO. DÍA DA MULLER

Feliz Día da muller!!!

No noso centro durante esta semana realizáronse actividades para conmemorar unha data tan importante como é o 8 M. Por un lado, solicitamos ás familias fotos de mulleres realizando diversas tarefas. Unha vez máis, moitas grazas pola colaboración que novamente sobrepasou as nosas expectativas. En Polos Creativos, prepararon o símbolo da muller para facer con Hama Beads un colar ou chaveiro, segundo os gustos. Nas aulas fixéronse lecturas, buscaron biografías, completaron trípticos informativos, decoraron portas...

Como broche final retomamos a actividade "Conto contigo para contar un conto" donde a nai de Artai, Susana, deu vida a Manuel e a Manuela unha parella chea de amor, respecto e admiración. Os nenos e nenas non esquecerán o conto "Avós"

 

Galería de imaxes

 

  

DEPUTADOS POR UN DÍA!

O alumnado de sexto de Primaria participou o pasado martes no pleno infantil organizado por "Aldeas infantiles SOS" no Parlamento de Galicia. Na súa intervención falaron de temas de gran relevancia coma o coidado do medio, o desenvolvemento sostible e a solidariedade. Ademais escoitaron as intervencións dos outros tres centros convidados, de representantes do Parlamento, da organización e da Deputación.

Cada colexio elaborou dous compromisos sobre estes temas que foron votados por todos os asistentes, resultando o máis votado o do noso colexio.

Compromiso:

"Comprometémonos a ser respetuosos cos nosos compañeiros e dar exemplo aos máis pequenos con prácticas educativas que impliquen a inclusividade e a non discriminación, favorecendo un entorno de igualdade e respecto hacia os demais, educando en valores para propiciar un futuro mellor"

Galería de imaxes

 

1000048254.jpg

 

1000048247.jpg

CONMEMORAMOS O DIA DA LINGUA MATERNA E O DÍA DA NOSA QUERIDA ROSALÍA DE CASTRO

Esta semana veu cargada de importantes conmemoracións.
 
Para comezar, o mércores foi o Día da lingua materna e quixemos adicarllo á lingua galega que cada vez é lingua materna en menos fogares. Para iso o alumnado debía buscar palabras en galego típicas da nosa zona e así poñelas en valor. Logo o EDLG deulle forma a todas elas configurando un mural colaborativo baixo o lema “A mellor forma de conservala é empregala!”. Xa que de nada vale conservar unha lingua sen empregala no día a día.
 
E para rematar chegou o venres, o gran Día de Rosalía de Castro que xuntos conmemoramos ao longo de toda a semana con diferentes actividades.
Dende o luns tiveron lugar sesións de Polos Creativos para todo o alumnado nas que coñeceron mellor a figura de Rosalía de Castro e construiron un circuito de papel que logo levaron para a casa. Todo isto con material creado polo EDLG e tamén con outro compartido por outra escola da contorna. 
O mércores o alumnado de 1ºEP foi o primeiro en ir realizar un Scape Room á biblioteca municipal sobre Rosalía de Castro. A próxima semana continuará asistindo o resto de alumnado de EP.
Ademais, a Educación Infantil chegou o conto “Miña casiña, meu lar” para que todos puideran desfrutar do poema de Rosalía de Castro.
Este poema serviu logo para crear entre todos un mural conmemorativo no corredor principal da escola. O alumnado dende 6ºEI ata 6ºEP debía ler o poema e debuxalo nunha postal que logo foi exposta no corredor baixo o lema “Polo día de Rosalía agasallamos poesía”. Ademais o alumnado de 4º e 5ºEI pintou unhas flores ben bonitas con información que aprenderon sobre Rosalía de Castro.
O venres todo o alumnado puido desfrutar das súas creacións así coma das dos seus compañeiros e compañeiras.
Rematamos o día de Rosalía, 23 de febreiro, comendo un caldiño de Gloria que nos fixeron no comedor e levando para a casa o mantel conmemorativo que nos facilitou a Fundación Rosalía de Castro.
Foi unha semaniña ben completa! Pasámolo xenial e aprendemos moito.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ENTROIDO 2024

   

                                                              VÍDEO

ENTREGA DE PREMIOS BIBLIOTECA MUNICIPAL

02/02/2024
Atlantic/Bermuda

Hoxe tivo lugar a entrega de premios do Certame de poesía "Nadal 2023" convocado pola Biblioteca Pública Municipal "El Viejo Pancho".

 

 Parabéns aos gañadores e grazas a todo o  alumnado participante!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut