Skip to Content

RECOMENDACIÓNS PARA UN APERITIVO SAUDABLE

Dende o Plan Proxecta "Aliméntate ben", ao longo deste mes estivemos investigando e analizando as nosas merendas.

Necesitamos ter unha boa alimentación para medrar moito e estar sans, por iso, rexistramos os nosos aperitivos e reflexionamos sobre si son saudables ou podemos melloralos. 

Aquí vos deixamos unhas recomendacións saudables en colaboración coa nutricionista do noso cole para desenvolver hábitos alimenticios axeitados. 

Así coñecemos mellor os alimentos sans e tamén os que debemos evitar.

Esperamos que vos axuden e veñan ao cole merendas sas e saborosas!!!

 

 

 

 

 

 

Samaín 2022

AMPLIACIÓN DA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR (CURSO 22/23)

Poden pasar pola secretaría do centro a recoller un vale por valor de 25€ para material escolar, aquelas persoas que tiveran concedido o vale de 50€ durante este curso.

Este vale deberá empregarse preferentemente antes do día 1 de decembro de 2022.

Día do Ensino ( 31 de outubro de 2022)

Recordámoslles que o día 31 de outubro de 2022 vén marcado no Calendario Escolar do curso 2022/23 como o Día do Ensino polo que non haberá clase.

Aula de plástica "arts and crafts"

Xornada de benvida!

Distribuir contido


by Dr. Radut