Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

DÍA DO ENSINO

NOTA INFORMATIVA

Lembramos ás familias que o próximo xoves 31 de outubro foi declarado pola Consellería de Educación como "Día do ensino", polo que ese día considérase día non lectivo e non haberá clase.

Para consultar a circular informativa, pinchade na imaxe.

 

REDUCIÓN PRAZAS DE COMEDOR E RECLAMACIÓNS

NOTA INFORMATIVA

O pasado venres recibiuse no correo do centro unha notificación da Subdirección xeral de  xestión orzamentaria de recursos complementarios na que se informa de que debido ao mal uso dalgúns usuarios do servizo de comedor, reducíanse as prazas do mesmo, pasando a ser desde esa data de 111.

Para consultar a notificación recibida, pinchade na imaxe.

Igualmente, desde a dirección do centro tramitáronse todas as queixas recibidas polas familias referidas ao servizo de comedor escolar deste ano.

Para ver o escrito podedes pinchar na imaxe seguinte.

 

MODELO AUTODECLARACIÓN COMEDOR

AVISO IMPORTANTE

Lembramos que para confirmar a reserva de praza no comedor, é obrigatorio cubrir o formulario de autodeclaración da renda.

Dito documento deberá ser asinado tanto polo declarante como polo cónxuxe e será presentado no centro por un adulto.

Para descargar o documento podedes pinchar na imaxe.

ERRO ISBN LIBRO DE LENGUA DE 3º DE EP

AVISO IMPORTANTE

Detectouse un erro no ISBN do libro de Lengua de 3º de EP.

O ISBN correcto é o seguinte:

ISBN:978-84-698-0649-4

Perdoade as molestias.

Para consultar o listado correcto pinchade na seguinte imaxe:

Lista definitiva libros de texto 2018-19

RECOLLIDA CHEQUES AXUDA MATERIAL ESCOLAR

A listaxe de axudas de material escolar non sufriu variación así que as familias que teñan dereito a axuda poden consultalo pinchando aquí.

Os cheques xa están dispoñibles no centro así que as datas de recollida serán desde hoxe 4 ata o venres 12 de xullo, ambos inclusive.

Lembramos que para a súa recollida deberá ser o solicitante ou un adulto autorizado.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Para consultar a listaxe definitiva de admisión no fondo solidario de libros de texto pinchade na imaxe seguinte.

O ALUMNADO QUE TEÑA DEREITO A 6 LIBROS NON SE LLE ASIGNAN MÁIS XA QUE É O NÚMERO MÁXIMO CO QUE SE TRABALLA NO CENTRO.

NON TEÑEN QUE MERCAR LIBROS SI SE TEÑEN ASIGNADOS 4 OU 6 LIBROS.

 

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

Por causas alleas á dirección do centro hai unha modificación nas datas de publicación do listado definitivo de axudas de adquisión de material así como as datas de recollida dos cheques.

O listado definitivo publicarase en canto se teña a resolución definitiva, e a recollida de cheques queda pendente ata novo aviso.

Desde o centro pedimos disculpas polos problemas que estos cambios puideran causar.

NOTA IMPORTANTE

NOTA IMPORTANTE

Na lista de libros de texto publicada o 19 de xuño había un erro no ISBN do libro de Língua de 1º de EP.

O erro xa está arranxado.

Lamentamos os problemas que este erro puidera ter causado.

Para consultar o listado correcto pinchade na imaxe ou na mesma entrada do día 19 de xuño.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA CURSO 2019-20

Para consultar o listado do informe vales das solicitudes pinchade na imaxe.

Para consultar a listaxe provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto.

 

Os alumnos de 5º e 6º non participan nos vales de libros por participan no programa E-DIXGAL.

DATAS DO PROCESO

Periodo de reclamación: 1 e 2 de Xullo.

Publicación listado definitivo: Pendente de publicación.

Recollida de cheques (deberá ser o solicitante ou un adulto autorizado): Pendente de publicación do listado definitivo.

MODELO DE AUTOBAREMACIÓN

Para descargar o impreso de autobaremación, pinchade na imaxe.

Para consultar as instrucións para cubrir o modelo. pinchade no seguinte enlace:

Instrucións modelo autobaremación.

 

Distribuir contido