Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

ADMITIDOS E EXCLUIDOS COMEDOR CURSO 2018-19

INFORMACIÓN COMEDOR CURSO 2018-19

Para cosultar o listado de admitidos e excluidos no comedor para o curso 2018-19 podedes pinchar na imaxe.

 

NOTA INFORMATIVA

AVISO IMPORTANTE

O ISBN DO LIBRO DE INGLÉS CLASS BOOK DE 4º DE PRIMARIA TIÑA  UN ERRO. A INCIDENCIA XA ESTÁ CORREXIDA. LAMENTAMOS OS PROBLEMAS QUE POIDERA OCASIONAR E PEDIMOS DESCULPAS.

PODEDES CONSULTAR O ISBN CORRECTO NA SEGUINTE ENTRADA:

Libros de texto 2018-19

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS NO FONDO DE LIBROS DE 3º A 6º. VALES PARA LIBROS DE 1º E 2º E MATERIAL ESCOLAR

MEMORIA SAVE THE CHILDREN

A ONG Save the Children ven de publicar a súa memoria do programa "Kilómetros solidarios" na que participamos por 1ª vez este ano no cole.

Os datos son realmente impresionantes, e nos contibuimos aportando os nosos pequenos grans de area.

Dese o cole queremos agradecer novamente a TODOS os nenos e nenas que participaron deste importante proxecto.

MOITAS GRAZAS A TODOS!!!!

Si queredes ver o vídeo resumo do proxecto "Kilómetros solidarios" podedes pincahar na imaxe

Save the children

Si queredes consultar os datos da memoria pinchade no seguinte enlace:

"Memoria Kilómetros solidarios".

RECADACIÓN KILÓMETROS SOLIDARIOS

A recadación obtida polos nenos a través dos seus patrocinadores e grazas ao seu esforzo no programa "Kilómetros solidarios" da ONG Save the Children, ascendeu a:

1639,35 euros

Tanto desde o cole como desde a propia organización queremos dar as grazas a todas as familias e atodos os nenos e nenas por esta solidaria participación.

Diploma de agradecemento:

Xustificante de ingreso.

 

 

VISITA DOS NENOS E NENAS DE 6º AO ESTADIO DE RIAZOR

Escolas 110% branquiazuis

Onte xoves os nenos e nenas de 6º participaron no proxecto "Escolas 110%  branquiazuis" organizada polo xornal  La Opinión A Coruña e o RCDeportivo de A Coruña.

O programa consistiu en facer unha visita guiada polo estadio Abanca Riazor e o visionado dun vídeo no que se explica a historia do RCDeportivo. Cando rematou o vídeo surxiu unha última sorpresa; a visita de Eneko Bóveda (xogador da primeira plantilla do equipo masculino) e de Silvia Mérida (xogadora da primeira plantilla do equipo feminino).

Os nenos e nenas, desataron a súa faceta xornalística e convertíndose en inesperados xornalistas.

Para ver fotos e vídeos, podedes pinchar nos seguintes enlaces:

Imaxes La Opinión A Coruña

Vídeo La Opinión A Coruña

 

CARREIRA KILÓMETROS SOLIDARIOS

O pasado martes celebramos por primeira vez no cole unha Carreira Solidaria.

A carreira chamada "Kilómetros solidarios" forma parte dun programa organizado pola ONG Save the Children e que conta xa con XIV edicións. 

Si queredes saber máis desta actividade solidaria, podedes pinchar no seguinte enlace:

 https://www.savethechildren.es/kilometros-de-solidaridad

Os nenos tiveron que percorrer un circuito a maior cantidades de voltas posible para así acadar unha maior cantidade de fondos.

A xornada resultou moi lúdica, enriquecedora e sobre todo solidaria.

Para poder ver fotos e imaxes da xornada podedes pinchar na seguinte imaxe.

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO 2018-19

NOTA IMPORTANTE

Acabamos de publicar o listado de solicitantes de praza para o curso 2018-19. 

Na aplicación do Artg. 9 do Decreto 254/2012 que regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos como o número de prazas solicitadas é menor ou igual ás prazas ofertadas, considéranse aceptadas todas as solicitudes.

No mes de abril poderán retirase na secretaría do centro, ou descargar nesta páxina web, a documentación necesaria para formalizar a matrícula.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Lembrámoslle que o horario de atención ao público é o seguinte.

De Luns a venres de 9:30h. a 10:20h.

Luns de 16:00h. a 17:00h.

Podedes consultar as informacións necesarias (vacantes, calendario, normativa, informacións sobre o proceso, descarga de solicitudes etc.).

Iremos actualizando as novas según se vaian producindo no seguinte cadro.

ENQUISA SOBRE O USO DO GALEGO NO CENTRO

Co obxectivo da mellora no emprego da lingua galega no noso centro estamos a realizar un Proxecto Sociolíngüístico que sirva de ferramenta de traballo para os vindeiros cursos escolares.

Para eso, necesitamos saber a realidade da lingua galega na vida do noso alumnado e pedímosvos que cumprimentedes un cuestionario.

 O cuestionario é totalmente anónimo e só servirá como fonte estatística para o deseño dos obxectivos do proxecto.

Para poder cumplimentalo podedes descargalo pinchando no seguinte enlace. Unha vez cumpimentado, podedes presentalo no centro.

Enquisa uso do galego no CEIP Gonzalo Torrente Ballester

Para descargar a circular informativa enviada ás familias podedes pinchar no seguinte enlace.

Circular informativa

O prazo de presentación será ata o próximo VENRES 9 DE MARZO.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ENTROIDO 2018

Se ao Meco queres obedecer, na imaxe debes premer.

 

Distribuir contido