Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Lembramos que o próximo luns 11 de febrerio non haberá cole xa que foi un dos días escollidos polo claustro do centro e aprobado en Consello Escolar.

XORNADA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

COBRO LOTERÍA NADAL

NOTA INFORMATIVA

Para consultar a circular sobre o cobro da lotería de Nadal pinchade na imaxe.

Loteria 2018

RECOMENDACIÓNS PARA LER NO NADAL

O Equipo de Dinamización da Biblioteca e o resto do claustro do CEIP Gonzalo Torrente Ballester queríamos desexarvos unhas felices festas e non se nos ocorreu mellor maneira de facelo que cunhas recomendacións literarias. Aquí as tedes. Agardamos que vos gusten.

DÍA DO ENSINO

NOTA IMPORTANTE

Lembramos ás familias que o póximo venres 7 de decembro foi declarado pola Consellería de Educación "DÍA DO ENSINO" polo que pasa a ser día non lectivo así que NON HABERÁ COLEXIO.

Para consultar a orde ou o calendario escolar, podedes pinchar aquí.

6º VISITA O MUNDO DO FÚTBOL

Os alumnos e alumnas de 6º participaron na II Edición do programa "Os nosos valores, Escolas 110% branquiazuis" organizado polo xornal La Opinión A Coruña en colaboración co RCDeportivo de A Coruña. 

A xornada consistiu en facer unha visita a un adestramento do primeiro equipò masculino do RCDeportivo. A continuación o  visionado dun video no que se fai un percorrido pola historia do clube e no que se poñen en valor os principais valores do clube, tales como o esforzo e a igualdade. E finalmente unha improvisada rolda de prensa no que os nenos e nenas fixeron de expertos xornalistas facendo preguntas a un futbolista do primeiro equipo masculino e a unha futbolista da primeira plantilla feminina do RCDeportivo de A coruña.

Así trancurriu a nos mañá, na que aprendimos que aínda que hai moitas diferenzas de xénero, desde o RCDeportivo e La Opinión A Coruña están poñendo o seu graniño de area para que esas diferenzas cada vez sexan menores.

 

A Continuación podedes ver o resumo de prensa. Nenos e nenas nas páxinas web do RCDeportivo de A Coruña e do xornal La Opinión A Coruña, así como no seu formato escrito.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

GALA II EDICIÓN CONCURSO "CANTANDO COAS MANS"

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución conxunta do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iníciase o proceso de dita elección ou renovación parcial dos membros do Consello Escolar deste centro.

 Cómpre a renovación de dous  membros da representación das familias e de tres membros da representación do profesorado.

Podedes consultar as datas e prazos que iremos actualizando segundo se vaian producindo no seguinte cadro:

VÍDEO "TERRA" DAKIDARRÍA

Si queredes ver o vídeo pinchade na imaxe de "música inclusiva" e podedes ver o ben que o fixeron os alumnos e alumnas do noso cole que resultaron ser uns dos gañadores da II Edicición do concurso "Cantamos coas mans" organizado por FAXPG.

Este xoves 25 terá lugar a entrega de premios. Os nenos e nenas de 3º colaborarán co grupo Dakidarría na actuación da canción "Terra", sendo unha gran oportunidade de disfrutar dunha xornada de música inclusiva.

O acto terá lugar no Auditorio Ágora da Coruña ás 18:00h.

  

 

Distribuir contido