Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

NOTA INFORMATIVA SOBRE A SUSPENSIÓN DE CLASES

NOTA INFORMATIVA

Reproducimos a notificación recibida da Inspección Educativa.

 

Sr/Sra Director/a:

Dacordo co informado hai uns intres polo Xefe do Servizo de Inspección e, segundo o comunicado en rolda de prensa polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable a partir de mañá 13/03/2020.

Para calquer información adicional consultar a páxina web da Consellería de Educación.

O que se comunica para coñecemento e os efectos oportunos.

A Inspectora de Educación:

María Luisa García Sánchez

NOVO PODCAST DA NOSA RADIO ESCOLAR

FASE PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS 2020 (Carballo)

O pasado venres 6 de marzo celebrouse a fase provincial de campo a travén en Carballo.

Os resultados dos nosos atletas foron magníficos.

  • Tomás Fernández 13ª posición.
  • Adriel Rodríguez 36ª posición.
  • Ada Rivas 10ª posición.
  • Hugo Rivas 17ª posición.

Parabéns para os catro!!!!

PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

O proceso de admisión de novo alumnado, comezará o próximo día 1 de marzo.

Para consultar toda a información referida a dito proceso, podedes vela na seguinte presentación.

O horario de atención ás familias que fagan a solicitude no centro, deberán facelo en horario de secretaría.

O horario de secretaría é o seguinte:

  • De luns a venres de 9:30h. a 10:20h.
  • Luns de 16:30h. a 17:30h.

Lembramos que os días 19 e 20 de marzo serán días non lectivos baixo o amparo do artigo 7.2 da Orde do 20 de xullo de 2020.

Ao ter concedido o día 20 de marzo como día non lectivo, as solicitudes presentadas no centro poderán recollerse na secretarío o día 23 de marzo.

Así mesmo lembramos que o prazo de solicitudes vía sede electrónica remata o día 20 de marzo.

 

MANDADIÑO DO MECO PARA O XOVES

Mandadiño para o xoves.

MANDADIÑO DO MECO PARA O MÉRCORES

Mandadiño para o mércores.

MANDADIÑO DO MECO

Mandadiño para o martes.

MANDADIÑO DO MECO

DÍAS NON LECTIVOS

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de xullo de 2020 no que se aproba o calendario escolar 2019-20. Vense de recoñecer como días non lectivos os seguintes días_

  • O 20 de marzo de 2020.
  • O 4 de maio de 2020.

Para consultar a resolición que así o certifica podedes pinchar na seguinte imaxe.

Óliver Laxe según o alumnado de 5º

Aquí tedes o primeiro podcast da radio escolar do CEIP Gonzalo Torrente Ballester.

Agardamos que sexa o primeiro de moitos.

Disfrutádeo e parabéns ao alumnado participante.

 

Distribuir contido