Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

8M NO GTB

Outro ano máis non deixamos pasar o 8M sen facer actividades que conciencien da importancia de vivir nunha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres. A climatoloxía non nos permitiu facer a manifestación que quixéramos pola contorna, polo que tivemos que conformarnos con facelo no propio cole.

Aquí podedes ver un resumo de como transcurriu unha xornada chea de aprendizaxes.

8M 2024 de Profe R

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

O próximo venres 8 de marzo, por motivos organizativos do centro, non haberá servizo de secretaría de 9:35 a 10:15.

 

PODCAST MICROS DE CORES GTB

Temos nova entrevista no noso Magazine favorito "Micros de Cores".

Nesta ocasión o entrevistado foi o noso orientador Fran.

Tamén queríamos informarvos de que xa temos podcast das entrevistas na plataforma IVOXX. Animámosvos a que vos suscribades para non vos perdades ningunha.

FESTIVAL ENTROIDO 2024

Xa temos as actuacións do alumnado no festival de entroido do pasado venres. agardamos que vos guste.

CROS 7-02-2024

Xa temos os resultados e a galería fotográfica da zona local "Cambre-As Mariñas" de Cross escolar. Parabéns a todo o alumnado participante, en especial aos clasificados para a Fase Provincial que terá lugar o próximo 15 de marzo en Porto do Son.

Os clasificados son:

Clasificados individuais:

  • Valentino Ben Fernández (3ºEP)-1º posto
  • Martina Boo Álvarez (6ºEP)-1º posto
  • Diame Día Galán (6ºEP)-10º posto

Clasificados por equipos:

  • Benxamín feminino- Clara López Cociña (3ª clasificada), Xulia Borrazás Darriba, Sofía Santaya Bermúdez, Alexia Ponte Blanco Camila Saavedra Otero e Marta Pardo Pereira.
  • Alevín masculino- Rodrigo Grela Doce (1º posto), Simeón García Knezik, Manuel Arnejo Gómez, Romeo Martínez Sánchez, Daniel Prieto Rocha e Samuel Carrodeguas Torrecilla.

Tamén felicitar ao equipo alevín feminino que clasificou en 3º lugar.

Parabéns para todos.

CROS 23-24 FASE AS MARIÑAS de Profe R

XORNADA PORTAS ABERTAS

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 24-25

MECO ENTROIDO 2024

PODCAST "A CASA DO SOUTO"

Inauguramos unha nova sección de podcast. Neste caso é o alumnado de 3º de EP. Esta é o primeiro que agardamos que vos guste tanto como a nós.

Diseño de Profe R

2 NOVAS ENTREGAS DE MICROS DE CORES

Temos dúas novas entregas da docuserie Micros de Cores na que coñeceremos un pouquiño mellor a dúas das nosas mestras. A ver si vos gusta tanto como a nós.

Micros de Cores de Profe R

Distribuir contido