Skip to Content

eTwinning

Projects de Irmandamento con escolas Europeas

Novos proxectos europeos do noso centro

 

 

 

 

 

 

 

PROJECT

Active
Arcimboldo "Healthy Art"
In this project we aim to foster healthy habits in our students. They will research about local food, especially fruit and vegetables. They will grow their own “food” learning traditional recipes from their regions. Digital tools will be used to create Art resembling Arcimboldo´s works. Foreign languages studied at partner´s school will be used in a real context to improve their linguistic competences.

Estimadas familias:

Enlazamos o novo proxecto que estamos a realizar dentro da plataforma e-Twinning. Arcimboldo como pretexto para traballar hábitos saudable en relación coa alimentación.

Un saúdo,

Quality Label "Welcome Spring"

Acadamos o Selo calidade polo Proxecto "Welcome Spring".

Gran traballo do aliumnado da nosa escola!

Selo de Calidade Welcome Spring.

Que é eTwinning?

etwinning schools

 

 

Proxectos Europeos - Etwinning 

Qué é eTwinning?
eTwinning é unha iniciativa que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de alomenos dous países europeos. Os centros escolares crean un proxecto e levano a cabo utilizando as Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Posto que os centros traballan utilizando Internet, non existen becas, nin requisitos burocráticos. Tampouco é necesario coñecerse persoalmente.

 Podemos traballar sobre calquera tema . Os proxectos deben repartirse equitativamente entre o uso das TIC e mailas actividades de clase, adaptandose ós programas escolares nacionais dos centros participantes no proxecto.
Lembrar: Un dos obxetivos de eTwinning é mellorar os coñecementos das TIC adaptandose o proxecto ós niveis de competencia TIC.

Pode desenvolverse entre dous profesores, equipos de profesores ou departamentos, etc. de todos os centros escolares de Europa. O tema a desenvolver utilizara os TIC, pode ser dunha mesma materia ou multidisciplinar. Todos os centros de preescolar, primaria, secundaria e bacharelato poden participar.
 
No  curso escolar 2018-2019, a escola estivo participando no Proxecto "A Year around Europe" xunto con centros de Alemania, Chipre, Eslovenia, Francia, Italia ,Noruega , Polonia, Suecia e Reino Unido.Compartimos as actividades que facemos en todas as Materias, especialmente as que teñen que ver coas nosas tradicións. As profes comunícanse en Inglés pero o alumnado pode traballar na súa lingua materna.Parte da colaboración neste Proxecto compleméntase coa Formación de futuros profes na Universidade de Leeds coa embaixadora británica Diana Lindford, Sally Ost e Lisa Madden no proxecto etwinning 2018-2019 no que participan os alumnos en prácticas da Facultade de Educación da Universidade de Vigo, alumnado do Grado de Filoloxía Inglesa da USC e a nosa auxiliar de conversa Tara.
Tamén estivemos a traballar en español con nenos e nenas de Finlandia, Francia, Italia e a República Checa no proxecto:
La comida en tu país y en el mío - un proyecto para principiantes de español

 Os nenos e nenas de 4º e 5º tiñan un amiguiño-a en Finlandia, na escola Eestinkalliou en Esbo , cós que manteñen correspondencia en español, cartas de Nadal, chats, pequenas mensaxes de correo electrónica, grazas ao Proxecto Intercambio de cartas Finlandia-España.

O alumnado de 3º de Primaria estivo traballando os problemas do plástico neste trimestre coa axuda das súas familias. Este problema preocupa a moitas ecolas de todo o mundo coas que compartimos inquedanzas no Proxecto Zero Waste.No segundo trimestre iniciamos un novo Proxecto secuela do anterior ,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna:C.E.I.P Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira en Aldán, Cangas. Terá continuidade no vindeiro curso escolar.

Curso 2019-2020

Este curso escolar seguimos có Proxecto iniciado no segundo trimestre do curso pasado,"One PlasticBag", no que propoñemos solucións para reducir e reciclar bolsas de plástico, xunto con centros da nosa contorna: CEIP Manuel Vidal Portela e o CEIP Plurilingüe Tirán de Moaña. Será desenvolto nas clases de Plástica en Inglés.

 Neste curso escolar traballaremos nun novo Proxecto, no que compartiremos as actividades dos Proxectos desenvolvidos na escola ,especialmente aqueles que afectan ao consumo responsable e respecto do medioambiente: "ecoTwinning all year round"  con: Alemania, Croacia, Eslovenia, Estonia, Francia, Italia, Polonia, Reino Unido e outras escolas da contorna.

Compartiremos as lecturas de noso alumnado con escolas de Hungría ,Italia , Polonia, Portugal, Turquía e outras comunidades autónomas españolas,  reflexionando sobre as lecturas que son máis motivantes para estas idades no proxecto:

EU READING: THE EUROPEAN COMMUNITY OF READERS.

 

Este ano tamén colaboremos coa Universidade de Leeds no Proxecto de Formación de futuros profesores có profesorado en Prácticas da Universidade de Vigo no proxecto Trainee Twinning.

Participaremos coas promotoras do Proxecto Zero Waste, nun breve proxecto  nunha semana concreta de novembro, do 18 ao 22 de  con centros de moitos países nunha actividade de observación do tempo metereoloxico para comparar o nosos clima e ver como os cambios que se produciron nos últimos anos nas escolas dos países participantes no Proxecto World Weather Watch November 2019.

As actividades que levaremos  a cabo na proposta da Asociación dos amigos do Camiño Portugues na área de Plástica , tamén serán compartidas cós centros participantes nun Proxecto sobre “O Camiño Portugués”.

Procuraremos formar ao profesorado e alumnado en prácticas no uso da plataforma para poder conseguir una maior implicación cara a futura participación en proxectos Erasmus+.

No período de peche da escola particpamos nun novo proxecto con escolas de Portugal e Polonia: ClimACT News. Neste novo proxecto, os nenos e nenas de 6º de Primaria compartiron as actividades que realizaban en Lingua Castelá, Matemáticas e Plástica en Inglés durante o confinamento .

Convirtíronse en intrépidos reporteiros medioambientais que "viaxaban" dende 2121 realizando traballos de investigación, entrevistas e moitas outras actividades!

curso 2020-2021

Un ano maís colaboramos con escolas de outros países no Proxecto World Weather Watch 2020 facendo actividades de observación do tempo integradas nas distintas materias , de forma similar ao traballo realizado no curso pasado.

Como parte da proposta do equipo de Biblioteca da escola , este curso levaremos a cabo o Proxecto "Artistas no Camiño"  no que colaboraremos con escolas polas que pasa o Camiño de Santiago como o Instituto Giner de los Ríos de Lisboa, centro de titularidade española. Este curso escolar será dende Lisboa a Pontevedra . Este proxecto terá continuidade o vindeiro curso escolar coincidindo coas datas do Ano Xacobeo.

 

Como traballar en etwinning cós nosos alumnos?

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut