Skip to Content

Procedemento reclamación cualificacións

 

Estimadas familias:

Con motivo do remate do curso e tendo en conta o contexto de cambios normativos que se están a producir, cómpre lembrar algunhas cuestións de interese relativas á reclamación de notas.

A normativa de referencia é a seguinte:

  • Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato (DOG do 11 de marzo).

  • Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG do 11 de febreiro).

 

Por tanto, unha vez modificada a Concreción Curricular de acordo coa nova normativa, presentamos o seguinte calendario de reclamacións das cualificacións e das decisións de promoción:

 

1. Reclamación formal ante a dirección: No prazo de dous días lectivos desde o día seguinte á comunicación.

2. Revisión no centro: Reunión extraordinaria para revisar o proceso de  adopción da decisión de promoción á vista das alegacións realizadas e comunicacióndadecisión á familia reclamante.

3. Reclamación antXefatura Territorial: No caso de que persista o desacordo.

AdxuntoTamaño
modelos_reclamación ao centro.pdf58.31 KB


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut