Skip to Content

Horario Secretaría - xuño

Estimadas familias:

Co fin de dar o mellor servizo á hora tramitar solicitudes e xestións, informamos do horario de atención ás familias nestes días de xuño.

 

De luns a venres ......................................................... 10:00 a 12:00 h.

 

 

Actuacións de fin de curso

("Clic" na foto para acceder ao enlace)

Estimadas familias, remata un curso escolar marcado principalmente pola situación sanitaria pero coa satisfacción de ter recuperada a normalidade neste último trimestre.

Necesitábamos volver as nosas dinámicas de traballo, porque foron moitas as actividades condicionadas polos protocolos vixentes e poucos os momentos compartidos por todo o alumnado.

Por fin, onte puidemos realizar un novo festival de fin de curso, con actuacións, cos ánimos dos compañeiros e compañeiras e coa alegría de cantar e bailar todos xuntos.

Certo é que dadas as características do noso patio non era recomendable as aglomeracións propias destas celebracións e tivemos que restrinxir a asistencia ás familias do alumnado que remataba etapa. Por iso vos deixamos un enlace coas diferentes actuacións.

Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.

Recibide un cordial saúdo!

 

Graduación do noso alumnado

("Clic" na imaxe)

Estimadas familias:

Levábamos moito tempo sen realizar actuacións con familias entre o público e, por fin, recuperamos a celebración das graduacións do noso alumnado.

Uns rematan unha etapa tan importante como é a de Infantil e outros marchan xa para o instituto. Por este motivo, dende o CEIP P. Froebel, quixemos facerlle o noso recoñecemento e darlles o protagonismo que se merecen neste remate de curso.

Esperamos que vos gusten os vídeos. Un saúdo!

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut