Skip to Content

blogue deEquipo directivo

Os días 10 e 11 de abril realizaranse as avaliacións de diagnóstico

Estimadas familias:

 Os procesos de avaliación no sistema educativo son unha ferramenta imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados.

 A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Ademais, o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia determina nos artigos 27 e 23, respectivamente, a realización deste proceso avaliativo.

 Neste curso 2023-2024 é cando comeza a implantación da avaliación de diagnóstico que abarcará as competencias matemática e lingüísticas: en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira.

Compre destacar que non é unha avaliación de individuos, non vai a existir ningún dato ou informe con cada alumno/a en particular. É unha avaliación do sistema.

As probas foron realizadas cun deseño rigoroso, polo que se adoptarán unha serie de medidas de organización para que os datos teñan a necesaria validez.  De todos modos, tede a tranquilidade que dende o centro se promoverá que o alumnado entenda estas actividades como unha oportunidade máis de aprendizaxe. 

 Igualmente, pediremos a vosa colaboración para cubrir uns cuestionarios de contexto; tal e como se indica na RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico. E antes de rematar o curso confiamos en ter os resultados para informarvos nunha xuntanza das conclusións e balance desta avaliación.

 

Calquera dúbida que teñades se atenderá dende a comisión de coordinación da avaliación de diagnóstica, formado pola dirección, xefatura de estudos e titora de 4º, así como a xefa do departamento de orientación. Tamén achegamos un par de documentos anexos que vos poden resultar de utilidade.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad_2324_escrito_familias_dxoie.pdf

 Recibide un cordial saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración,

 

O equipo directivo.

Novos proxectos europeos do noso centro

 

 

 

 

 

 

 

PROJECT

Active
Arcimboldo "Healthy Art"
In this project we aim to foster healthy habits in our students. They will research about local food, especially fruit and vegetables. They will grow their own “food” learning traditional recipes from their regions. Digital tools will be used to create Art resembling Arcimboldo´s works. Foreign languages studied at partner´s school will be used in a real context to improve their linguistic competences.

Estimadas familias:

Enlazamos o novo proxecto que estamos a realizar dentro da plataforma e-Twinning. Arcimboldo como pretexto para traballar hábitos saudable en relación coa alimentación.

Un saúdo,

Charla coloquio con Belén Montesa Lou

Estimadas familias:

Quixéramos anunciarvos que o próximo luns día 11 imos a ter un encontro moi especial no noso centro.

Grazas á colaboración do CFR de Pontevedra e a súa liña de acción "Escola de nais e de pais", poderemos convidar a psicóloga Belén Montesa Lou a unha charla centrada no Acompañamento aos menores nun mundo dixital.

Somos conscientes de que o benestar emocional dos nosos fillos e fillas está moi condicionado polo uso que se fai dos diferentes dispositivos dixitais. Neste contexto actual, onde internet e as novas tecnoloxías están producindo uns cambios sociais de inmensa envergadura, os pais e as nais deberemos de ser un exemplo, un estímulo e unha referencia para este acompañamento na súa educación.

Contar coa información e o asesoramento de Belén Montesa vai a ser unha oportunidade para aclarar moitas das dúbidas que temos neste tema, nun tempo de reflexión que será de gran utilidade para toda a comunidade educativa.

Esperámosvos o próximo luns ás seis da tarde.

Recibide un cordial saúdo.

O equipo directivo.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut