Skip to Content

Blogues

Festival de Nadal

Estimadas familias:

Xa están a chegar as vacacións de Nadal e queremos deixarvos un pequeno recordo coas actuacións dos nosos alumnos e alumnas para animar esta época do ano tan especial.

Moita música e diversión para esta ocasión. Achegamos dous clips de vídeo, o primeiro dende infantil ata segundo de primaria e no segundo van os demais cursos.

De parte de todo o equipo docente desexámoslles unhas moi boas festas e que 2024 veña cheo de grandes momentos.

("Clic" na imaxe)

Bo Nadal!

Navegación segura con E-Dixgal

Estimadas familias:

A seguridade no uso dos dispositivos do alumnado é unha prioridade para todos nós. Así, dentro da rede corporativa do centro xa contábamos cun sistema que aseguraba unha navegación segura.

Nos próximos días os portátiles dos vosos fillos e fillas recibirán unha actualización da maqueta Abalar 11 que impedirá o acceso non autorizado a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado baseado nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malaware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, etc.

Ademais infórmanos de que estas categorías e listas de sitios bloqueados serán amplamente revisadas e actualizadas constantemente.

Esperamos que esta información resulte de utilidade.

Un saúdo,

O equipo directivo.

 

Xornada de iniciación aos Primeiros Auxilios

O pasado martes todo o centro puido adquirir coñecementos e habilidades á hora de enfrontarse a unha situación de urxencia. Dende o alumnado de infantil ata os maiores de sexto puideron aprender normas de actuación e manobras básicas que todos deberíamos adquirir como parte dun proxecto con continuidade.

Esta actividade foi posible grazas á colaboración da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra que facilitaron o material e dedicaron o seu tempo a explicar, segundo a idade do alumnado, as guías de actuación nunha situación de emerxencia, como reaccionar ante unha situación con obstrución das vías respiratorias ou como usar un desfibrilador externo automático.

Resumindo, foi un día de novas aprendizaxes pero sobre todo unha xornada para incidir na responsabilidade e desenvolver a empatía cara os demais.

Achegamos algunhas fotos dos diferentes grupos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=255

 

Recibide un cordial saúdo.

Familias lectoras: novembro

Este venres tivemos novamente a colaboración das familias na hora de ler.

Como cada fin de mes, estades convidados a compartir os vosos libros favoritos e a crear un ambiente de aprendizaxe enriquecedor. Esperámosvos o próximo 15 de decembro.

Achegamos algunhas imaxes desta xornada. Un saúdo,

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut