Skip to Content

Xornada de iniciación aos Primeiros Auxilios

O pasado martes todo o centro puido adquirir coñecementos e habilidades á hora de enfrontarse a unha situación de urxencia. Dende o alumnado de infantil ata os maiores de sexto puideron aprender normas de actuación e manobras básicas que todos deberíamos adquirir como parte dun proxecto con continuidade.

Esta actividade foi posible grazas á colaboración da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra que facilitaron o material e dedicaron o seu tempo a explicar, segundo a idade do alumnado, as guías de actuación nunha situación de emerxencia, como reaccionar ante unha situación con obstrución das vías respiratorias ou como usar un desfibrilador externo automático.

Resumindo, foi un día de novas aprendizaxes pero sobre todo unha xornada para incidir na responsabilidade e desenvolver a empatía cara os demais.

Achegamos algunhas fotos dos diferentes grupos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=255

 

Recibide un cordial saúdo.

Familias lectoras: novembro

Este venres tivemos novamente a colaboración das familias na hora de ler.

Como cada fin de mes, estades convidados a compartir os vosos libros favoritos e a crear un ambiente de aprendizaxe enriquecedor. Esperámosvos o próximo 15 de decembro.

Achegamos algunhas imaxes desta xornada. Un saúdo,

Un 25N de concienciación e sensibilización

Estimadas familias:

Este sábado celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende o ámbito educativo debemos aproveitar esta oportunidade para reflexionar sobre a violencia de xénero, xa que a educación é clave para cambiar actitudes e comportamentos, creando unha cultura do respecto e da equidade.

Achegamos un breve vídeo que resume o noso acto de celebración.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/displayimage.php?album=251&pid=6801#top_display_media

Recibide un cordial saúdo,

O equipo docente

Celebramos o Magosto

 

O pasado xoves tivemos unha das festas clásicas do outono, o magosto.

Este día sempre é unha magnífica oportunidade para recuperar xogos tradicionais, permitindo que alumnado de diferentes grupos comparta espazos e tempos nunha xornada de convivencia.

E aínda que non tivemos fogueira está claro que somos un pobo comedor de castañas, xa que ir á locomotora e recoller o cornete quente foi o preludio dunha merenda moi festiva.

Achegamos algunha das fotos desta xornada. Esperamos que vos gusten.  

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=249

 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut