Skip to Content

Blogues

Vacantes para o próximo curso

Bo día:

De acordo coa normativa que regula o proceso de admisión de alumando, comunicamos as vacantes dispoñibles para o próximo curso 2024/25.

Igualmente, informamos do horario para tramitar as solicitudes e resolver calquera cuestión en relación a este procedemento.

Recibide un saúdo cordial.

 

O equipo directivo.

 

Escolarización Ordinaria para o curso 2024-2025

Estimadas familias:

Achegamos información que xa está publicada nos taboleiros do centro onde se explica o procedemento que regula o proceso de admisión para o próximo curso así como a normativa de referencia.

No día de mañá publicaremos as vacantes dispoñibles así como o horario de secretaría para a entrega das solicitudes.

Recibide un saúdo cordial.

O equipo directivo

Unha visita moi especial

Este venres foi un día de moitas actividades e celebracións:

Día de Rosalía; coas clases ambientadas cos seus poemas e datos da nosa escritora máis célebre. Aproveitade para ver as clases antes de que remate o trimestre.

Familias lectoras; xa que era o último venres de febreiro e coa satisfacción de que se presentaron e leron libros en case tódalas aulas.

E o anuncio do Salón de Libro, xa que estamos convidados a esta festa dos contos e das narracións; onde non faltará a maxia, a maxia de transformar o mundo a través da lectura.

Achegamos algunhas imaxes desta visita de Orbil que sempre ten apertas para repartir.

Un saúdo!

Taller de prevención da dor de costas

Estimadas familias:

Grazas á colaboración da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria, no día de hoxe tivemos a primeira das dúas sesións programadas co fin de sensibilizar e previr a dor de costas.

Houbo unha presentación na que aprendemos coma os estilos de vida que adoptamos é un dos factores principais na aparición desta problemática. Levamos como tarefa un rexistro da actividade física diaria para realizar durante unha semana e probamos algúns snacks de exercicio como ferramenta de utilidade na loita contra o sedentarismo.

Está claro que un enfoque de saúde integral precisa de accións coordinadas dende diversas institucións se queremos acadar cambios perdurables. Un exemplo destas iniciativas a podedes atopar no seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/Familia. Onde tedes dispoñible información e recursos de utilidade.

Recibide un cordial saúdo e a seguir activos e saudables!

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut