Skip to Content

Festival de Nadal

Estimadas familias:

Xa están aquí as actuacións dos nosos pequenos artistas: bailes, cancións e algunha representación para despedir este primeiro trimestre e celebrar unhas datas moi especiais.

Esperamos que vos gusten! (Facede “click” na imaxe para ver os diferentes vídeos)

Recibide un cordial saúdo,

 

O equipo directivo

Instalación Aquatic; por Henrique Fernandes e Jorge Quintela (Sonoscopia) no Froebel ata o luns 20

Tamén inundado de auga estará o CEIP FROEBEL: Unha instalación interactiva que poderá visitarse ata o luns 20 de decembro.

En Aquática captúrase o son e proxéctase a luz desde e sobre un conxunto de líquidos e elementos electromecánicos, como bombas de aire e dispositivos de indución e transmisión sonora.

(Click na imaxe para ver o vídeo)

O motivo da selección do noso centro foi este fío argumental que nos presentan dende Vértixe sonora: “A finais de setembro a prensa local facíase eco dunha medida cun tremendo impacto en termos simbólicos; Pontevedra pechaba ao tráfico varias rúas da cidade para expandir os patios de colexio. Liberadas de valados as zonas de recreo afirmaban o dereito á cidade, a un lugar de encontro onde proxectar ilusións, enlazar os fíos da urdidoira social, establecer colaboracións e complicidades, reforzar convivencias e alteridades”.

Aquatic : Vertixe Sonora

Estamos moi agradecidos de contar con esta obra no noso centro e que o alumnado poida probar e experimentar a través dela. 

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Rematamos o 3º Outono fotográfico

Estimadas familias:


Moitas grazas pola vosa colaboración na 3ª edición do outono fotográfico.

Teríamos desexado que a participación fora máis numerosa pero seguiremos reivindicando o valor da natureza e da expresión en galego na educación dos nosos nenos e nenas.

 

Deixámosvos con algunhas das fotos da exposición, esperamos que vos gusten (click na imaxe).

 

Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

 

25 Novembro-Día contra a violencia de xénero

 (ACTUALIZADO: Os vídeos xa están dispoñibles)

Preme na foto para acceder aos vídeos.

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut