Skip to Content

Reunións de comezo do curso

Martes 21 de setembro

 

6ºb

16:00

6ºa

16:30

5ºB

17:00 (grupo 1) e ás 17:30 (grupo 2)

5ºA

17:00 (grupo 1) e ás 17:30 (grupo 2)

4ºB

18:00

4ºa

18:00

 

Martes 28 de setembro

 

16:00 (grupo 1) e ás 16:30 (grupo 2)

2ºA

17:00

2ºB

17:00

17:30

Infantil 4 anos

16:30 (grupo 1) e ás 17:00 (grupo 2)

Infantil 5 anos

16:30 (grupo 1) e ás 17:00 (grupo2)

 

Estimadas familias:

Dende o CEIP Plurilingüe Froebel desexamos que este mes de setembro sexa a inauguración da “nova normalidade”, da que tanto tempo estivemos falando.

Retomaremos actividades e proxectos aprazados, aínda que seguiremos acompañados polas máscaras e todas as medidas preventivas.

Neste contexto, debemos comezar as reunións entre as familias e os titores e titoras de cada grupo. Un primeiro encontro para presentar aspectos de organización e funcionamento do curso, o currículo a traballar e a metodoloxía, así como sentar as bases para unha axeitada comunicación e participación durante todo o ano.

Van ser moitas as xornadas nas que estaremos desenvolvendo competencias e valores cos vosos fillos e fillas e un primeiro paso é compartir este proxecto educativo común.

Nos próximos días o profesorado titor enviará a convocatoria da súa reunión a través de Abalar móbil. Pedimos máxima responsabilidade á hora de acudir; con puntualidade nos accesos ao centro, correcto uso da máscara e un só proxenitor por familia. O alumnado non deberá acudir.

 

Confiando na vosa colaboración e participación, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo en nome de todo o equipo docente.

 

Proxecto de educación dixital

Estimadas familias:

Despois destes primeiros días de comezo de curso, temos case todos os equipos E-dixgal funcionando e moitos dos consentimentos xa están firmados.

Así que, co fin de darvos a maior información posible acerca deste proxecto educativo, deixámosvos o seguinte enlace que dispón a Consellería de educación:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias

Igualmente, presentamos este folleto informativo onde se explica como facer uso do servizo de asistencia ou a responsabilidade no uso do portátil:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/folleto_edixgal_21_22.pdf

 

No caso de que queirades facer uso do Servizo integral de reparación deberedes dirixirvos a través da web: https://coberturasir.plexus.es/ (xa que neste momentos o teléfono que aparece non está operativo)

Se desexades mais información sobre este servizo a podedes solicitar a través do correo: coberturasir@plexus.es

 

 

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

 

Alta no servizo de comedor, prazo extraordinario

Estimadas familias:

Adxuntamos copia do correo remitido dende a empresa que xestiona o servizo de comedor.
Recibide un cordial saúdo!

 

En Arume hemos ampliado el plazo para la inscripción de los usuarios y usuarias en los servicios de desayunos y comedor, para este mes de septiembre, quedará abierto el plazo hasta el 20 de septiembre.

 

A continuación, detallo los pasos que las familias deben realizar para poder hacer la contratación y que esta contratación sea contemplada como usuarios ordinarios.

 

Las familias deberán descargar la App y darse de alta en el centro educativo en el que van a realizar el servicio de desayuno, de comedor o ambos. Una vez la tengan descargada deberán registrarse y cubrir toda la información que la App le vaya solicitando.

 

A continuación, incluyo unos enlaces para que vean el funcionamiento de la App:

 

Página oficial informativa de la App.

https://colechef.com/

 

Video

https://colechef.com/#video

 

Una vez tenga descargada la App y ya estén dadas de alta deberán marcar los servicios y los días que vayan a necesitar de cada uno de ellos. En este caso como el plazo de contratación ordinaria ya ha finalizado tendrán que hacerlo como usuario o usuaria esporádica. EXTRAORDINARIAMENTE, como he indicado en el inicio del correo desde Arume les cambiaremos la contratación Esporádica por contratación Ordinaria, pero para poder hacerlo es importante que las familias una vez hayan finalizado la contratación nos manden un correo electrónico a info arume : info@arumeservicios.gal.

 

En el correo electrónico deben aparecer los siguientes datos:

 

ASUNTO: CONTRATACION DE SERVICIOS EN EL CEIP (nombre del centro en el que están dados de alta).

 

Y en el correo electrónico deberán indicarnos los siguientes datos:

 

  • Nombre del centro.
  • Nombre del usuario o usuaria.
  • Servicios que han solicitado
  • Días de uso del servicio.
  • *Importante * Si tiene dieta deberán indicárnoslo en el correo y mandarnos el informe médico.

 

Volta ás clases

Estimadas familias:

O xoves comezaremos dun xeito graduado e cos horarios que aquí tedes indicados. 

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

6º EP

9:30

13:55

5º EP 

 10:00

 13:55

3º/4º EP 

 10:30

 14:00

1º e 2º EP 

11:00 

 14:05

INF 5 ANOS 

 12:30

14:00 

INF 4 ANOS 

 12:30

 13:55

INF 3 ANOS 

 P. Adaptación

 P. Adaptación

 

A día de hoxe, o servizo de Abalar móbil aínda non está operativo para o novo alumnado, polo que centralizaremos os nosos avisos a través da páxina web e nos paneis da entrada ao centro.

Recibide un cordial sáudo,

O equipo directivo.

Volta ás clases
Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut