Skip to Content

O alumnado de 6º comeza o seu intercambio en Catania

Dende o día de hoxe ata o próximo día 17 o noso alumnado estará en Sicilia participando no XXI intercambio coa Scuola C.B. Cavour de Catania.

Serán uns días para mellorar a súa competencia lingüística, coñecer a realidade educativa doutro país e unha gran oportunidade para mellorar a súa autonomía cara a próxima educación secundaria.

No próximos días iremos subindo algunha das actividades dentro da galería do centro.

Vémonos nunha semana!

15 de mayo: Listaxe definitiva de alumnado admitido

Estimadas familias:

Dende o día 15 de maio estarán expostas as listaxes definitivas de alumnado admitido para o próximo curso 2023-24. Poderánse consultar no taboleiro interior do centro . Non hai variacións respecto á resolución provisional.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Un cordial saúdo,
O equipo directivo

Actividades da Semana do Libro: Apadriñamento lector

Se a aprendizaxe é un proceso que require dunha interacción e dun diálogo activo con outras persoas (Bruner, 1997), está claro que estratexias como o apadriñamento lector favorecen habilidades relacionadas coa comunicación, a aprendizaxe entre iguais e o despertar actitudes favorables cara a lectura.

Ademais, recuperar novos espazos para este tipo de iniciativas sempre é un motivo de celebración.

Achegamos algunhas fotos desta xornada.

Recibide un cordial saúdo,

 

 

Publicadas as listas provisionais de alumnado admitido

Estimadas familias:

Dende este 25 de abril xa están expostas no taboleiro interior do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o próximo curso 2023-24. Todas as solicitudes realizadas nos cursos con prazas vacantes foron admitidas.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Un cordial saúdo,
O equipo directivo

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut