Skip to Content

Calendario escolar 2023-24

https://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Bo día:

Achegamos copia da Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o próximo curso.

O inicio das actividades lectivas será o día 11 de setembro.

Un saúdo e que teñades un magnífico verán!

Publicación das listaxes definitivas do fondo solidario de libros

Estimadas familias:

Comunicamos que xa están publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto e axudas libros e material escolar.

Os vales para o material escolar e para adquirir libros de texto poderanse retirar a partir do luns en horario de 10 a 12. Igualmente, os lotes de libros para 3º xa estarán dispoñibles, non así os libros de 4º de primaria onde estamos pendentes da súa distribución.

Un cordial saúdo,

 

Prazo para a formalización da matrícula 2023/24

Comunicamos que o prazo para formalizar a matrícula do alumnado de infantil e primaria é do 20 ao 30 de xuño.

Os sobres coa documentación a cubrir xa están dispoñibles en conserxería. A entrega da documentación poderá facerse no horario de secretaría: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/?q=node/1060

Unha vez rematadas as clases o horario para a entrega de documentación será de 9:00 a 11:00

 

A reunión coas familias que se incorporen ao curso de 4º de Infantil realizarase o martes 27 ás 11:00

Un cordial saúdo,

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut