Fichas de trazo, Fichas de lectoescritura, Unidades didácticas, Separar palabras, Dividir por dúas cifras, Conto interactivo, Aplicacións Clic, Fontes escolares, Actividades E.F., Experiencias de laboratorio, Matemáticas 2º ciclo, Fichas de ortografía, Obradoiro de matemáticas, Ortografía da lingua galega
Separar palabras
¿Que mestre non tivo algunha vez un rapaz que escribira cousas como "voy ala farmacia" ou "esa es micasa"? Aquí tedes un feixe de 30 fichas que tratan de axudar a paliar este problema para rapaces que xa saben ler. Para máis detalles ler o arquivo "leeme.txt" incluído no zip.
Atención á diversidade
No curso 03/04 o noso Claustro traballou moi duro nun proxecto de formación en centros para elaborar unha serie de unidades didácticas que traballan diversos aspectos do currículo en EI, 1º, 2º e 3º ciclos. Son as seguintes:
EDUCACIÓN INFANTIL |
1º CICLO |
2º CICLO |
3º CICLO |
|||
Fichas de lectoescritura
Nesta páxina ofrecemos unha morea de fichas para traballa-la lectoescritura tanto en galego como en español. Aínda que o número é extenso e están secuenciadas de xeito que cando se traballan as fichas dunha letra só aparezan letras xa traballadas e non dos grupos posteriores, non pretende ser un método en si senón máis ben un elemento de apoio. A secuencia é: vogais, l, p, m, t, s, d, b, n, v, ñ, ll, x, c-q, r, f, g, c-z, h, ch, j, k, y, trabadas. Entre parénteses a carón de cada letra indícase o número de fichas dispoñibles para a mesma.
FICHAS EN GALEGO | FICHAS EN ESPAÑOL | |||||
Trazado de letras
O contido destas fichas de traballo para ensinarlles ós nenos a trazar ben as letras é esencialmente o mesmo en galego que en español; o único que varía son un par de palabras e algún debuxo. Ó principio as letras preséntanse un pouco "abertas" para que non haxa equívocos á hora de segui-lo trazo correctamente na dirección e sentido axeitados para logo volver a traza-las mesmas letras xa "pechadas" na mesma dirección e sentido que sería o obxectivo final.
Fichas de trazo (galego)
Fichas de trazo (español)