INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2021/22

NOVA MATRÍCULA PARA CURSO 21_22

O PRAZO PARA NOVAS MATRÍCULAS ESTÁ ABERTO DENDE O DÍA

1 DE MARZO AO 22 DE MARZO DE 2021

(Só se pode presentar unha única solicitude no centro no que se solicita praza en primeiro lugar. )

ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 polo que se regula o procedemento para a admisióndo alumnado no segundo ciclo de educación infantil e primaria, así como a ORDE do 25 de xaneiro de 2017

Segundo o artigo 13 da nomeada Orde, terase en conta o seguinte:

1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

A vía recomenda pola Consellería de Educación para facer a solicitude de reserva de praza é a través de internet no enderezo www.edu.xunta.es/admisionalumnado ou na Guía  de procedementos e servizos da administración da Comunidade Autónoma de Galicia na dirección www.xunta.es /portada co procedemento ED550B.

 

  De todos os xeitos poderán entregar a súa solicitude en papel na secretaría do centro no mesmo prazo establecido do 1 ao 22 de marzo. Os impresos están na conserxería do centro.  Pode descargar  os impresos dende aquí.

 

OFÉRTANSE OS SEGUINTES POSTOS ESCOLARES

CURSO

VACANTES

4º EDUCACIÓN INFANTIL

25

5º EDUCACIÓN INFANTIL

8

6º EDUCACIÓN INFANTIL

6

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

-2

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

6

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

0

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

2

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

1

 

 Se é necesario presentar documentación xustificativa dos criterios alegados darase o prazo estipulado na normativa.

 

O CEIP plurilingüe de Frións ten adscrito o IES Leliadoura.

A área de influencia vén determinada no mapa que aprobou a Xefatura Territorial e que se pode consultar na dirección deste centro.

 

O CENTRO PLURILINGÜE DE FRIÓNS DISPÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

•  SERVIZO DE TRANSPORTE GRATUÍTO.(Instrución 22 de xuño de 2009)

•  SERVIZO DE COMEDOR XESTIÓN INDIRECTA POLA CONSELLERÍA  (Decreto 132/2013)

 

En Frións a 26 de febreiro de 2021

  

Luís Teira Parada

Director