Blog voz natura
PLANTAMOSSSSS
Pois coa chegada do bo tempo e co que nos tardaba...Aquí vos amosamos o noso primeiro día de plantación....Plantamos fabas, brecol, repolo, porros e cebolas.... Aprendimos que primeiro se fai o burato, logo observamos as súas raíces, metimos a planta no burato, tapamos e regamos....Pasámolo xenial e estade moi atentos que prontiño plantaremos máis.Aburiño
- 89 lecturas
PREPARAMOS O TERREO PARA PLANTAR
Por fin parou de chover e puidemos baixar á horta a preparar a terra para comezar a plantar.
A verdade que estaba cheiña de herbas, pero coas nosas gañas e esforzo que dounos reluciente...
Pasámolo moi ben sacando herbas, atopamos bichos bolas, escarabellos, pedras enormes.....
Estamos desexando plantar as nosas verduras para velas medrar....
Estade moi atentos...
- 95 lecturas
BÚSQUEDA DE MIÑOCAS (ALOMBRICES COMO ELES DIN)
Dende que puxemos en marcha o composteiro estamos moi ilusionados co seu funcionamento.
Para isto todos os días que merendamos froitas o encargado baixa o cubo das mondas dos plátanos, da mazá, das uvas....
E como sabemos que as miñocas (aínda que para eles son Alombrices) son boas para o compost o outro día descubrimos que no noso patio había un montón delas e aproveitamos para collelas, botalas na carretilla e levalas ao noso composteiro. Ao primeiro non nos atrevíamos a collelas coa man, facíanos cóxegas pero logo gustounos tanto que ata os maiores se uniron a axudarnos.
Mirade que ben o pasamos.
- 116 lecturas
AS NOSAS PLANTAS XA SE FIXERON GRANDES
Mirade como medraron as plantas que plantamos cando veu Rocío fai unhas semanas.
A verdade que as coidamos moito, regámolas, poñemolas ao sol e vemos como medran todos os días. Estamos alucinando do que medran cada día.
- 100 lecturas
O NOSO COMPOSTEIRO.
Hoxe recibimos a visita do técnico do composteiro que ademais de decirnos como se fai compost, que debemos botar nel, onde o debemos situar para ser máis efectivo....
Ademais tamén nos ensinaron unha chea de bichiños que axudan nesta labor...
- 90 lecturas
QUEN VIVE AHÍ?
Seguindo co plan Revitaliza da Deputación de pontevedra e dentro do proxecto Voz Natura que este ano estamos levando a cabo o alumnado de Infantil e segundo de primaria.
O alumnado de Segundo estiveron aprendendo moito sobre os diferentes intrusos que poden favorecer a nosa horta. A través dun xogo pasárono moi moi ben.
- 112 lecturas
ECOCOL E A COMPOSTAXE INFANTIL
Dende a Deputación de Pontevedra, co programa Revitaliza, tivemos a sorte de poder desfrutar dunha mañá moi divertida coa actividade Ecocol e a compostaxe infanti.
Nesta actividade aprendimos como se fai o compost, como podemos aproveitar os restos dos alimentos para prantar plantas, e que animais viven nesta terra.
Coñecimos a Ecocol un caracol moi traballador ao que lle gustan moito todas as verduriñas que nos sobran para a compostaxe..
Vimos un video da elaboración do compost.
E como non podía ser doutra maneira plantamos unha planta con esta terra tan rica en nutrientes.
Gustóunos moito esta actividade. Esperamos que vos guste.
- 69 lecturas
A NOSA HORTA
Este ano no proxecto Voz Natura decidimos facer a nosa propia horta. Para elo o primeiro que fixemos foi pedirlle axuda a Miguel para que nos colocara a madeira que o Concello nos donou.
Logo tamén o Concello nos trouxo terra e compost... e pouco a pouco fumos enchendo de terra. A verdade que traballamos moito pero gustounos moito e quedounos moi moi ben.
Estamos desexando que veña o bo tempo para poder plantar as nosas verduriñas...
Esperamos que vos guste moito.
- 92 lecturas