bibliotecas

 

 

Animación á lectura

CALIGRAMAS polo día da POESÍA

G R A Z A S

a:

ALICIA-ANTÍA-ARTAI-BRAIS-CARLA CONDE-CARMEN-CLAUDIA-GABRIELA-INÉS-INÉS ÁLVAREZ- LUCAS ARCA- SHEILA SILVA- MARA- PAULA- LUCAS RA-LÚA- TEO- SHEILA DACOSTA- IRIA e MARTA.

Por realizar para o día da poesía-21 de marzo- uns caligramas con tanto esmero: Sodes uns ARTISTAS!!

-O Equipo de Biblioteca-

Álbum: Sen categoría -> CALIGRAMAS-Día da Poesía

I Certame de CURTAS en galego!

O Equipo de Biblioteca anímavos a participar no I Certame de CURTAS!

Le as BASES e  ENVÍA A TÚA CURTA A : fontuga20@gmail.com

PARABÉNS AOS FINALISTAS DO CERTAME DE RELATO CURTO E Á GAÑADORA DE PRIMARIA

 

Onte foi a entrega de premios do certame de relato curto en Pontevedra organizado por FAMPA. Tres alumnos do noso centro resultaran seleccionados para publicar os seus relatos no libro conmemorativo e, de entre eles, Nuria Costas Misa, de 5º de Primaria foi a gañadora da categoria de Primaria co seu relato "Un gran cambio".
Parabéns a todos os que participáchedes e en especial aos seleccionados para o libro.

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Durante o mes de maio celebramos a Semana das Letras Galegas con multitude de actividades sobre o autor homenaxeado, neste caso Carlos Casares.

O ALUMNADO DE 6º LENDO AOS MÁIS NOVOS/AS

 

O alumnado de 6º de primaria lendo aos resto do colexio cunha profesionalidade e interese enormes as obras que Carlos Casares escribiu pensando no público máis novo.

El alumnado de 6º de primaria leyendo al resto del colegio con una profesionalidad e interés enorme. 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Moitas grazas.

Muchas gracias.

SEMANA DE CONTACONTOS

Semana onde celebramos o Día do Libro coa presenza de varias nais e un compañeiro do cole, o profe Mino, que se prestaron gustososos/as a ler un rato para o noso alumnado.

Semana donde celebramos el Día del Libro con la presencia de varias madres y un compañero del cole, el profe Mino, que se prestaron gustosos/as a leer un rato para nuestro alumnado.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Moitas grazas.

Muchas gracias.

CÓNTANOS - CÁNTANOS UN CONTO

Ao longo desta semana achegaránse ao centro tres nais e o profe Mino para contarnos un conto durante a Hora de Ler para festexar o Día Mundial do Libro.

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

En 1995, a UNESCO proclamou o 23 de abril «Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor». A celebración deste Día, que suscita cada vez máis adhesións, deixou claro desde o principio cuán importante ocasión supón para reflexionar e informar sobre un tema que require especial atención.

Hoxe celébrano millóns de persoas de máis de cen países, reunidas en centenares de asociacións, escolas, organismos públicos, colexios profesionais e empresas privadas.

CÓNTANOS UN CONTO

O Equipo da Biblioteca convida ás familias do alumnado do centro a vir contar un conto na hora de ler (de 11:50 a 12:10) entre o luns 24 e o venres 28 de abril.

A idea é festexar o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" (2 de abril) e o "Día Internacional do Libro" (23 de abril) con contos que nos veñades a contar, a representar, a cantar, a ler...