bibliotecas

 

 

CÓNTANOS UN CONTO

O Equipo da Biblioteca convida ás familias do alumnado do centro a vir contar un conto na hora de ler (de 11:50 a 12:10) entre o luns 24 e o venres 28 de abril.

A idea é festexar o "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil" (2 de abril) e o "Día Internacional do Libro" (23 de abril) con contos que nos veñades a contar, a representar, a cantar, a ler...

Se estás animado/a a participar, contacta con Conxita antes do venres 21 de abril para organizar as quendas.

Moitas grazas anticipadas!