bibliotecas

 

 

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO

En 1995, a UNESCO proclamou o 23 de abril «Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor». A celebración deste Día, que suscita cada vez máis adhesións, deixou claro desde o principio cuán importante ocasión supón para reflexionar e informar sobre un tema que require especial atención.

Hoxe celébrano millóns de persoas de máis de cen países, reunidas en centenares de asociacións, escolas, organismos públicos, colexios profesionais e empresas privadas.

O Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor serviu para atraer á causa dos libros e do dereito de autor a gran número de persoas de todos os continentes e orixes culturais. Iso permitiulles descubrir, valorar e explorar moitas vertentes distintas do mundo editorial: o libro como vehículo de valores e coñecementos e como depositario do patrimonio inmaterial; o libro como porta de acceso á diversidade das culturas e como instrumento de diálogo; ou o libro como fonte de ingresos materiais e obra de creadores protexidos polo dereito de autor. Todas esas facetas do libro foron obxecto de numerosas iniciativas de sensibilización e promoción que forneceron efectos reais, aínda que non por iso haxa que deixar de traballar co maior empeño.

Desde o ano 2000, o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor inspirou outra iniciativa das organizacións profesionais que recibe a axuda da UNESCO e o apoio dos Estados: Capital Mundial do Libro. Cada ano elíxese unha cidade que obriga a manter, a través das súas propias iniciativas, o impulso das celebracións do Día ata o 23 de abril do ano seguinte. Case todas as rexións do mundo, á súa vez, xa participaron neste proceso, que transforma así a celebración de libros e dereitos de autor nunha actividade periódica, que estende aínda máis a influencia xeográfica e cultural dos libros.

Nos últimos anos, o Día Mundial ha demostrado que pode ser un potente símbolo para o lanzamento de operacións de apoio importantes, en particular en América Latina e África.

Desde a Biblioteca do CEIP de Fontes-Baíña sumámonos a esta celebración mediante a invitación ás familias para contarnos contos durante esta semana na Hora de Ler.

Marcapáxinas do Día do Libro 2017 dispoñible na Biblioteca.