Skip to Content

Linguas estranxeiras

INGLÉS: SEMANA 7 MAIO -2nd GRADE/2º CURSO-

Hello!

 

Esta semana propoño 4 actividades para repasar distintos conceptos. A primeira é sobre o tempo (weather), a segunda material escolar, a terceira sobre o vocabulario da casa e a última da roupa. 

 

Son bastante sinxelas. Podedes imprimilas ou facelas nunha libreta, xa que teñen números cos que asociar palabras e debuxos. 

Prazo para enviar fotos á carpeta de ClassDojo ata o xoves 14 de maio.

 

Have a nice day!

INGLÉS: actividades infantil 6 de maio

Hello! Good morning!

Xa estamos en maio... 

Esta semana seguiremos a traballar o mesmo que a semana pasada: formas e colores, tanto en 3, 4 como en 5 anos. 

Propóñovos dúas actividades para que practiquen a escoita e intenten seguir pola imaxe. Si tedes dificultades para abrilas comentádeme, pero con este formato -polo de agora- non tiven problemas.

Para a primeira actividade pinchade aquí.

Para a segunda actividade pinchade aquí. 

En ambas necesitaredes papel e lápices de colores. Os e as que teñan irmás ou irmáns en 1º ou 2º de primaria tamén o poderían facer si queren. 

 

Por último, propoño que escoiten esta canción sobre as emocións. 

 

Si queredes enviarme fotos das "creacións" podedes facelo mediante o ClassDojo.

Espero que lles guste! 

Teacher Cris

 

AVISO: Modifiquei os enlaces. Si non funcionan podo envialos por correo elecrónico.

INGLÉS: SEMANA 4 MAIO -1st GRADE/1º CURSO-

Hello children!

 

Esta semana practicaredes a escoita seguindo a lectura das páxinas 30 e 31. Podedes escoitar a historia aquí e intentar seguir o ritmo da historia. 

Despois contestade:

-Tiger is lost (perdido). Is Sue woried (preocupada)?

- Has mum got Tiger?

- Has dad got Tiger? 

- Has grandad got Tiger?

 

Have a nice week!

INGLÉS: SEMANA 4 MAIO -6th GRADE/6º CURSO-

Good afternoon!

 

Tedes as actividades desta semana en Aula Planeta. Ao subilo pola tarde, o prazo de entrega é ata o próximo luns, día 11. 

 

Por favor, prestade atención, revisade antes de entregar. Despois non permite facer cambios.

 

Have a nice week

INGLÉS: SEMANA 4 DE MAIO -5th GRADE/5º CURSO-

Good afternoon!

 

Tedes as actividades desta semana en Aula Planeta. Ao subilo pola tarde, o prazo de entrega é ata o próximo luns, día 11. 

 

Por favor, prestade atención, revisade antes de entregar. Despois non permite facer cambios.

 

Have a nice week

Distribuir contido


by Dr. Radut