Skip to Content

 

   

música 2º primaria 4 de xuño

Seguimos co Carnaval dos animais. Antes de continuar quero que vaiades a este genially que poño de seguido e que o vexades detenidamente:

https://view.genial.ly/5eb483f92c3ba90db075485a (O TEMPO NA MÚSICA)

 

 

Esta semana escoitaremos cabalos salvaxes, Hemiones, que viven no Tibet e que corren moi, moi rápido A música proposta por Saint Saëns para representalos é un presto, esta palabra indica que debe ser rápido. Tocan os pianos e o que realmente escoitamos son escalas, escalas, escalas e máis escalas coma se fose unha carreira levada a cabo por dous pianos que nuncha chegan a alcanzarse.

https://youtu.be/RoFY7-2f_lM

E deste rápido, rápido pasamos a un lento, lento das tartarugas https://youtu.be/wPHqJTpgo-U

O simpático compositor colleu un cancán que é un baile moi rápido e púxoo cun ritmo moito máis lento para representar ás tartarugas. Agora escoita o cancán (a partir do 0:33 segundos) a ver se che parece a mesma música. Cal che gusta máis e por que?

https://youtu.be/e4uGXjr1Sbw

DÉIXOVOS UNHA FICHA PARA COLOREAR DOS ANIMAIS QUE APARECEN NA OBRA DE SAINT SÄENS

SAÚDOSSS!!!

AdxuntoTamaño
ficha carnaval dos animais. 2º.docx227.27 KB


blog | by Dr. Radut