Skip to Content

 

   

tarefa de ciencias naturais, venres 8 de maio

Bo día a todos e todas hoxe antes de nada propoño que vexades un titorial de como escribir nun documento PDF, está moi ben explicado. Para exportar a PDF un Libre office só tedes que ir a FICHEIRO, despois abaixo a EXPORTAR, e finalmente, EXPORTAR A PDF. Lembrade que tedes que ter o programa de ADOBE READER.

TITORIAL EDITAR E FIRMAR EN ADOBE PDF

 

Para este finde propoño facer os exercicios do libro da páxina 83, o 4, 5 e 6,na libreta, (esta non ma tedes que entregar polo momento), ademais da ficha de reforzo sobre enerxías renovables e non renovables que se adxunta (aos 14 que xa vos rexistráchedes na aula virtual xa tedes asignada esta ficha). Tamén vai a captura de pantalla das páxinas 82 e 83 do libro de texto.

Saúdos e grazas pola vosa paciencia!!Guiño

 

P.D.:se facedes click nas mans que aparecen nas páxinas, por exemplo na páxina 82 arriba, aparecen explicacións de diapositivas, tamén esquemas explicativos moi visuais e interesantes e pequenos cuestionarios sobre o tema.Botade unha ollada.

AdxuntoTamaño
captura pantala librociencias tema5 páxs82,83.odt1.46 MB
ficha enerxías renovables e non renovables, tema5 naturais3º.odt166.98 KB


blog | by Dr. Radut