Skip to Content

 

   

MÚSICA 3º PRIMARIA XOVES 7 DE MAIO

Ola de novo, para música ides ver un vídeo e despois podedes facer unha ficha, imprimila ou copiala na libreta dos instrumentos de corda fretada que soan no seguinte musicograma da PRIMAVERA DE VIVALDI

 

Segue o musicograma da peza “A Primavera de Vivaldi” podes dar unha palmada cada vez que a abelliña se pousa nun debuxo. Fíxate que os debuxos grandes indican palmada forte e os pequenos suave(piano). Se te atreves a complicalo un pouco podes escoller unha forma de percutir diferente para cada debuxo (por exemplo: coas flores palmada, coas árbores pisada…) deixa voar a túa imaxinación e fai música con todo o corpo. Que familia de instrumentos escoitas na audición?

 

VÍDEO INSTRUMENTOS CORDA FRETADA

 

MUSICOGRAMA PRIMAVERA DE VIVALDI

 

UXÍA LAMBONA PARA OS NENOS E NENAS DO COLE DE ESTEIROGuay

 

ESTIMADAS FAMILIAS

 

 Este ano temos unhas Letras Galegas un pouco especiais,  a homenaxe ao noso paisano, o gran escritor Ferrolán Carvalho Calero pospúxose para o mes de outubro, pero nós imos pasalas confinados, o cal non é motivo para facer algo especial pola nosa lingua.

 

Dende o CEIP Esteiro acollémonos a unha iniciativa intercentros nas que propoñemos que nos quitemos as mascariñas e cantemos unha canción en Galego con toda a familia.

 

Gravade a canción VERDESCENTE de Uxía Lambona e banda molona, podedes facer un vídeo coa base musical que vos facilitamos (cortesía da propia banda), ou por riba da propia voz da cantante coa canción orixinal, podedes gravar a canción e facer unha montaxe con fotografías, acompañar con instrumentos ou calquera outra cousa que se vos ocorra. Botádelle imaxinación!!!!

 

Logo, cando a teñades lista podedes enviala ao noso correo do cole: ceip.esteiro@edu.xunta.gal, antes do 14 de maio de 2020, para darnos tempo a crear o enlace e compartilo con todos os nenos e nenas dos outros centros participantes.

 

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!!!

E SOBRE TODO LEMBRADE QUE O GALEGO É UN TESOURO QUE TEMOS TODOS E TODAS!!!

 

AdxuntoTamaño
Corda Fretada.pdf461.78 KB


blog | by Dr. Radut