Skip to Content

 

   

CONCELLO DE FERROL - CONCELLARÍA DE BENESTAR SOCIAL

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A A CONCESIÓN DE PRESTACIÓNS DE CARÁCTER ASISTENCIAL: AGASALLOS DE NADAL 2024. CONCELLO DE FERROL

1.- Obxecto Esta bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ( Agasallos de Nadal), destinadas ás familias do concello de Ferrol, nel empadroadas, que cumpran cos requisitos establecidos nestas bases e que teñan menores a cargo. A campaña vai dirixida aos menores empadroados en Ferrol que, á data da festividade de Reis da correspondente convocatoria, non teñan cumpridos 17 anos.

3.- Solicitudes e prazo Os/as solicitantes deberán presentar a súa instancia (Anexo I, II e III así como toda a documentación precisa ) no Rexistro Xeral do Concello ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal. As solicitudes presentadas fóra de prazo serán inadmitidas.

*As bases están no arquivo adxunto.

AdxuntoTamaño
BASES-PARA-A-CONCESIÓN-DE-AGASALLOS-DE-NADAL-2024.pdf138.67 KB


page | by Dr. Radut