Skip to Content

 

   

LENDAS DE GALICIA

Este ano dende o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüístca propoñen un percorrido polas lendas de Galicia que plasmarán as distintas titorías nun cartel con contidos audio-visuais. 

As temáticas escollidas polos grupos son:

Ed. Infantil 3 anos

Xacias, Xacios

Os xacios ou as xacias son seres da mitoloxía galega coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Segundo as lendas, encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.

   Ed. Infantil 4 anos

Pedro Chosco

Pedro Chosco ou Pedro Chusco é un personaxe mítico galego. Ten figura de home de barba branca, de maneiras doces e de voz grave. Pedro Chosco é o encargado de facer durmir os nenos con suaves aloumiños, aínda que prefire anainar mozas e sobre todo criadas de servir. Ronda as rapazas polo día entreténdoas e impedíndolles traballar.

   Ed. Infantil 5 anos

 Pepa a Loba

Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia, unha lendaria bandoleira galega de finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

    1º Ed. Primaria 

 Trasnos

Un trasno ou trasgo (do latín "trans gradi" ou "transgredi", ir máis alá, cometer infraccións) é unha criatura imaxinaria, unha especie de demo invisíbel, propia da tradición popular galega e do norte de Portugal. Denomínase tamén diaño, entendido como ente distinto do demo e nunca tan maligno como este.

      2º Ed. Primaria 

 Gatipedro

gatipedro é unha figura mitolóxica de Galicia que fai mexar ós nenos na cama.Ten forma de gato branco cun corno mouro na cabeza.Vai ás casas polas noites, para nos cuartos nos que hai nenos durmindo, e entón ponse a verquer auga polo seu corno. O neno durmido, escoitando o pingar da fonte do gatipedro, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

 

   3º Ed. Primaria 

 San Andrés de Teixido

 É un famoso lugar de peregrinación, ao que, segundo o dito popular "vai de morto quen non foi de vivo".

     4º Ed. Primaria 

 O Apalpador

ApalpadorApalpabarrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de SarriaQuirogaLemosTerra de Trives e os Ancares.

     5ºA Ed. Primaria 

 Lumias

Personaxe feminino da mitoloxía galega representarse con torso e cara de muller fermosa e corpo de dragón, aínda que tamén se representan por separado, como unha muller montando nun dragón e, en ocasións, tamén poden aparecer como mulleres con corpo ou pés de cabra.

     5ºB Ed. Primaria 

 A Santa Compaña

Santa Compaña é unha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego.

     6º Ed. Primaria 

Breogán

Breogán, tamén identificado como Brigo, é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).

 Máis información na web 

    

AdxuntoTamaño
LENDAS DE GALICIA.pdf893.08 KB


page | by Dr. Radut