Skip to Content

 

   

INFORMACIÓN DE INICIO DE CURSO 2021-2022

CURSO ESCOLAR 2021-2022

  

 REUNIÓNS COAS FAMILIAS (1 membro da familia)

 

LUNS 6 DE SETEMBRO MARTES 7 DE SETEMBRO MÉRCORES 8 DE SETEMBRO

- 4º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples

- 1º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

- 5ºB Educación Primaria - 13:00 - Aula EP5B

- 5ºA Educación Primaria - 13:10 - Aula EP5A

 - 3 anos Educación Infantil - 9:30 - Usos múltiples

 - 5 anos Educación Infantil - 11:00 - Usos múltiples

 - 4 anos Educación Infantil - 12:30 - Usos múltiples

 - 3º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples 

- 6ºB Educación Primaria - 10:15 - Aula EP6B

- 6ºA Educación Primaria - 10:30 - Aula EP6A

- 2º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

 

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

As clases comezarán o 9 de setembro para o alumnado de Educación Infantil e Primaria en horario habitual de 09:00 a 14:00 (agás para o alumnado de 4º de educación Infantil - 3 anos que recibirán as instrucións na reunión coa titora).

As entradas e saídas serán escalonadas como o curso anterior estando marcadas as horas nas portas de entrada ao recinto (porta 1 para infantil e porta 3 para primaria). É preciso que sexamos puntuais e respectemos os horarios asignados para evitar aglomeracións inncesarias.

Dispoñedes de máis información no seguinte documento.

 

SERVIZO DE COMEDOR

O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

  1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h.
  2. Servizo de xantar de 14:00 a 15:30h.

Dito servizo terá as seguintes características:

  1. O alumnado empregará o comedor do centro sentado por grupos estables de convivencia (clase) en mesas separadas do resto.
  2. Os sitios serán fixos respectando as distancias co resto de grupos estables.
  3. Os comensais serán fixos no almorzo e xantar, podendo ser días determinados ou a semana completa, sen poder apuntarse ao servizo nun día por un imprevisto.

Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF con data tope o luns 6 de setembro.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informaremos das actividades tras a reunión co Concello.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 

Lembrade que tedes na sección correspondente ao COVID-19 toda a información para este curso escolar.



page | by Dr. Radut