Curso 2015/2016

POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA

NESTA PÁXINA PODEREDES GOZAR E PASALO BEN CON MOITAS CANCIÓNS BASEADAS EN POEMAS DE ROSALÍA

SON DE POETAS-ROSALÍA

NA MESMA PÁXINA TAMÉN HAI POEMAS MUSICADOS DOUTROS POETAS E POETISAS DA NOSA LINGUA

RECURSOS PARA A PAZ

PAZ, PEACE, PAIX, PACE, SHALOM, FRIEDEN, мир, ειρήνη

         

MÁIS RECURSOS PARA A PAZ

PAZ

BLOGUE DE EDLG

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

 

CANCIÓNS PARA O DÍA DA PAZ:

>BAILE DA PAZ

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

Ombro con ombro

pódese todo.

Ombro con ombro

pódese todo.

Dá un taconazo.

Levanta un brazo

e con donaire

dálle ao cu aire.

Colle a orella

da túa parella.

Faille cóchegas.

Ponte en crequenas.

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

 

Agora dá un brinco,

ou mellor cinco!,

e tres palmadas

con gargalladas.

 

Esta é a danza

da esperanza,

danza capaz

de sementar paz.

 

Logo, ao compás,

anda cara atrás,

e cara adiante,

coma un xigante.

 

Pinta un momento

PAZ no vento.

Grita un segundo:

PAZ NO MUNDO”.

 

 

  "UNA SOLA VOZ" MACACO        

 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O CEIP PLURILINGÜE ESPIÑEIRA-ALDÁN APÚNTASE AO BO TRATO

25 DE NOVEMBRO

Un ano máis o CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán participa na Campaña "Apúntate ao bo trato", proposta do CIM (Centro de Información ás Mulleres) do Concello de Cangas.

Polo tanto o 25 de Novembro (DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO) estaremos nas rúas de Cangas apoiando esta campaña.

Aquí tedes o vídeo para practicar a coreografía.

 

 

  

MAGOSTO 2015

"SAMAÍN 2015" 29 DE OUTUBRO NO CEIP ESPIÑEIRA

 PIC NA CANCIÓN "AMODIÑO" PARA ESCOITALA E APRENDELA PARA O CONCERTO DO SAMAÍN DO DÍA 29. 

 

Distribuir contido

Back to top