O Samaín
Comemos o medo!
Pica AQUÍ para mirar as fotos da festa do Samaín-Halloween celebrada no cole: contacontos de medo na biblio, comemos o medo no patio, photocall,...
Receitas para o Samaín
Outro ano máis temos previsto facer unha merenda para os nenos e nenas con doces, pasteis, biscoitos... propios desta época para celebrar o Samaín - Halloween o 31 de outubro no cole. Para isto precisamos que nas casas elaboredes algún doce, pastel... para traer ese día ao cole e compartilo.
Aquí tedes unha serie de enlaces con propostas que podedes facer: MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
PICANDO NAS IMAXES ENTRAREDES A UNHA PÁXINA CUN MONTÓN DE RECEITAS SALGADAS E DOCES RELACIONADAS CO SAMAÍN-HALLOWEEN, PARA QUE TEÑADES ALGUNHA IDEA
RECURSOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN
Pulsando aquí podedes atopar moitos RECURSOS PARA O SAMAÍN
TAMÉN NESTE SYMBALOO
MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE CREAN OU RECOMPILAN ISTO.
"SAMAÍN 2015" 29 DE OUTUBRO NO CEIP ESPIÑEIRA
PIC NA CANCIÓN "AMODIÑO" PARA ESCOITALA E APRENDELA PARA O CONCERTO DO SAMAÍN DO DÍA 29.
FOTOS BIBLIOTECA E SAMAÍN
Xa están as fotos do aniversario de Espiñeiriña en galerías e tamén as do Samaín. Picade nas imaxes.
OUTONO e SAMAÍN NO CEIP ESPIÑEIRA
Pica nas imaxes para ir aos blogues de EDLG e de inglés do CEIP Espiñeira e aprende e disfruta do outono, do Samaín e do Halloween cun monton de recursos, xogos, adiviñas, cancións, contos...
FOTOS DO MENÚ DO SAMAÍN
Moitas gracias por colaborar na elaboración do menú do Samaín. A verdade e que foi un auténtico luxo as receitas que elaboráchedes, estaba todo moi bo!! Aquí deixamos unhas fotos deste menú feito polas familias dos alumn@s.
Gourmet made in Aldán, seguro que Chicote quedaría abraiado.
Fotos do Samaín e do Magosto
Xa están as fotos do Samaín e do Magosto colgadas en Galerías. Facede clic en cada foto para ver máis.
