Curso 2010/2011

O Maio

Xa podedes ver as fotos deste ano picando AQUI e tamén ler o artigo do Faro

.

Aquí tedes un LIM sobre o noso Maio, esperamos que vos guste...

1.º CANCIONEIRO C.E.I.P. ESPIÑEIRA-ALDÁN

Podedes ler e escoitar algunhas cantigas que aprendemos e recollemos pola zona. Non todas as que incluímos no cancioneiro, xa que só se permiten subir as que non teñan copyright.

http://www.xunta.es/linguagalega/cancioneiro

BALONKORF

Para poder ver toda a información sobre o deporte do BALONKORF que vos pode axudar a comprendelo ben e a realizar o voso traballo facede click aquí

FOTOS DA SAÍDA A VIGO. CONCERTO E VERBUM

Xa están na galería as fotos da saída que fixemos a Vigo para asistir ao concerto das "Formas na música" e a visita guiada ao Verbum, pica na imaxe e verás máis:


XA TEMOS BLOGUE DA CHARCA!!

Neste blogue poderedes comprobar os cambios que se van producindo na nosa charca, así como páxinas de interese para consultar, traballos que queirades publicar...


Agradacemento de Actuaciencia

Nenas e nenos aquí tedes un enlace ao blogue de Actuaciencia onde nos "poñen polas nubes"... 

25 de novembro "Día contra a violencia de xénero"

25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.

Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.

Non á violencia de xénero!

Aquí tedes o trailer de "Buda explotou de vergoña":

 

Saída a Cangas

As fotos da visita guiada ao casco vello de Cangas xa están na galería de fotos, pícade nesta imaxe e veredes máis...

Distribuir contido

Back to top