Skip to Content

3º ciclo

Descubrindo O Norte 2014/15: Xornada no Galiñeiro

Un ano máis o alumnado de 5º curso de Educación Primaria, as súas familias e os seús mestres e mestras compartirán unha xornada formativa, cultural, deportiva e lúdica o vindeiro venres, día 22 de maio. Nas seguintes iconas podedes atopar o programa de actividades previsto para a próxima xornada no Galiñeiro, así como algunhas orientacións básicas e o itinerario para poder chegar ao punto de reunión.

Como chegar Programa de Actividades Inforacion complementaria
Como chegar      

Programa deActividades

Información Complementaria

 

 

Web Quest "Descubrindo o Norte"

Na seguinte icona atoparás o enlace para desenvolver e acadar as competencias plantexadas neste proxecto.

webquest

Descubrindo o Norte: Campionato Provincial de Orientación

Un ao máis, e xa van 5, o  Proxecto Interdisciplinar "Descubrindo o Norte" levou ao alumnado implicado no proxecto á competición escolar dentro do programa Xogade que promove a Secretaría Xeral para o Deporte. Ao marxe das medallas conseguidas e os bos resultados na clasificación os equipos do CEIP ESCULTOR ACUÑA e IES ÁLVARO CUNQUEIRO, gozaron dunha xornada de competición divertida e de moi bo ambiente, onde a participación estivo ao redor de 300 participantes de todos os centros educativos de Pontevedra.
Felicidades a todo o equipo polo seu esforzo e deportividade amosada. Seguimos traballando.

No vindeiro mes de maio levaremos á práctica o traballado neste proxecto interdisciplinar en dúas intensas xornadas: na Serra do Galiñeiro e nas inmediacións do Campus Universitario de Vigo.

Cpto Prov Esc 15 Faro
Galería Fotográfica Noticia no Faro

Descubrindo O Norte: Ciencia no CUVI

O alumnado do terceiro ciclo do CEIP Escultor Acuña e o CEIP Carballal-Cabral, a través do proxecto "Descubrindo o Norte" viviron en primeira liña nos laboratorios de Fisica Aplicada do CUVI, a noticia da que se fai eco a revista GCiencia (Ciencia Galega), e que fala do éxito acadado na investigación para a utilización de dentes de tiburóns para os implantes dentais. A profesora universitaria Julia Serra dirixe o proxecto conxuntamente co catedrático Pío González. Con eles compartimos unha intensa e didáctica xornada. Grazas e parabéns.

Picando co rato na imaxe, ábrese o enlace da reportaxe.

ciencia galega

Descubrindo o Norte 2014

Nas seguintes iconas podedes atopar a galería fotográfica das actividades do proxecto Descubrindo o Norte 2014.

DoN14 Colexio

scoringcole14 DoN14Gali DoNCUVI14
CEIP Escultor Acuña Carreira Scoring CEIP Escultor Acuña Serra do Galiñeiro CUVI

DUVI

Distribuir contido


by Dr. Radut