Dende a Secretaría e o Departamento de Orientación ofrécese información das posibles axudas ás que pode acceder o alumnado do colexio. Basicamente consisten en:
- Axuda da Consellería de Educación para Libros de Texto e material escolar. (Mes de xuño)
-
Axudas municipais para libros de texto (só para Educación Infantil) e comedor (para Infantil e Primaria) (O Concello adoita convocalas en maio-xuño)
-
Becas do Ministerio de Educación para Alumnado con Necesidades Educativas Especiais (Solicítanse no mes de setembro)
As copias (impresas) das solicitude deben entregarse no colexio no mes de setembro. É IMPRESCINDIBLE POÑERSE EN CONTACTO CO ORIENTADOR PARA QUE REALICE O PRECEPTIVO INFORME.
AXUDAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA 1ºe 2ºde Primaria e para acceso ao Fondo de Libros en 3º 4º, 5º e 6º DE E. PRIMARIA E PARA MATERIAL ESCOLAR.- CURSO 2021-2022
CONVOCATORIA: Orde do 6 de maio de 2021
A presentar ata o 22 de xuño. É preciso que os usuarios do programa de libros teñan realizada a devolución dos do curso anterior e cumprir os requisitos de renda para as axudas de material.
AXUDAS MUNICIPAIS PARA LIBROS (Ed Infantil) E COMEDOR
para o curso 2021-2022.
Requisitos:
· Estar empadronado e residir en Vigo.
- Condicións de renda, conciliación laboral/familiar, discapacidade...
(ver convocatoria en documentos adxuntos)
Prazo: 20 días hábiles (ata 7 de xullo)
Presentar dixitalmente ou con cita previa no 010, no 986810260 ou na web www.vigo.org
Documentación
1.- Fotocopias dos DNI dos membros da familia maiores de 18 anos.
2.-Fotocopia do Libro de Familia completo.
3.- Outra documentación de interese: discapacidade, aluguer ou hipoteca…
Para estas axudas e calquera outra necesidade é convinte acudir ós servicios sociais do Concello.
En Coia, R/Quintela, 31- (Teléfono 986 288118).