Skip to Content

O Atletismo: Protagonista no CEIP Escultor Acuña

O Atletismo é o deporte que se fundamenta nas calidades naturais do home que son correr, lanzar e saltar. A súa orixe sitúase na antiga Grecia e chegou a ser considerado como o rei dos deportes.

A maioría dos deportes coñecidos precisan polo menos un dos fundamentos do atletismo: corremos, lanzamos ou saltamos cando practicamos deportes. A todo isto habería que engadir todos os valores intrínsecos do deporte que conformana o carácter e madurez das persoas a través do desenvolvmento de conductas sociomotrices.

O alumnado de 5º do CEIP Escultor Acuña participou na final da competición atlética  escolar celebrada a semana pasada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra e  acadou o 2º posto. Parabéns.

atletismo
Atletismo 5º A


page | by Dr. Radut