Skip to Content

Descubrindo o Norte: Campionato Provincial de Orientación / Campionato Galego

Un ano máis o equipo de Orientación CEIP Escultor Acuña / IES Álvaro Cunqueiro xurdido a partires do Proxecto “Descubrindo o Norte” en colaboración coa Universidade de Vigo, ven de participar no Campionato Escolar Provincial de Orientación que organizou o Club Aromón dentro do programa Xogade, incluído no Plan Proxecta.

Os rapaces e rapazas competiron nunha estupenda xornada deportiva onde tiveron a oportunidade de poñer en práctica todos os contidos traballados no proxecto. A satisfacción foi grande pois, ao marxe dos resultados (5 medallas das 12 en xogo), divertíronse, esforzáronse, e foron moi responsables. Parabéns.

O vindeiro sábado, día 16 de abril, clasificados (13 rapazas e rapaces), participarán no Campionato Escolar Galego de Orientación en O Carballiño.

Na seguinte iconas están os enlaces da galería fotográfica e os clasificados para o Autonómico.

 

ori clasificados
Galería do Campionato Provincial Clasificados Galería do Campionato Galego

 

 

 



page | by Dr. Radut