Como ven sendo habitual, Miguel Larrea, adestrador de Voleibol, compartiu co noso alumnado do Eduación Primaria a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e, particularmente, por un dos deportes máis coeducativos.
Integración, traballo en equipo, respecto aos outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…. O minivoley, adaptación do voleibol ás idades do noso alumnado, permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.
Na seguinte icona están os enlaces da galería fotográfica.
5º e 6º | 3º e 4º |